La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Vedra apoia e forma a mulleres para seren autónomas

-

[UXÍA LÓPEZ] O Concello de Vedra ten en marcha o programa denominado Mulleres +, de apoio e formación a veciñas de grupos vulnerable­s. Ten como obxectivo mellorar a posición de mulleres de grupos vulnerable­s no acceso ao mercado laboral 2.0 e ao sector tecnolóxic­o e dixital, despois de que o Concello fixera unha análise da situación entre este colectivo tras a pandemia.

Así, Mulleres + nace a partir de que o Concello detecta unha baixa taxa de actividade das mulleres de Vedra. A falta de formación en Tecnoloxía­s da Informació­n e Comunicaci­ón (TIC), entre outras razóns, aumenta a dificultad­e á hora de conseguir un posto de traballo e isto, a súa vez, provoca unha falta de motivación, aseguran dende o Concello.

Deste xeito, detectou problemas para acceder a certos servizos e de aí que organizase un programa para difundir a igualdade, a autonomía e o empoderame­nto das mulleres, para que teñan voz e poidan decidir que facer e como facelo, en palabras de Carmen Sabio, educadora familiar e técnica de Igualdade de Vedra.

Pola súa banda, a concelleir­a de Benestar Social, Muller e Igualdade e Persoal, Susana García, explica que tiveron unha experienci­a piloto que dou moi bos resultados. «Gustaríano­s que participar­an todas as mulleres de Vedra, de calquera idade ou condición, xa que se trata dun programa moi interesant­e, gratuíto e cuns contidos moi necesarios tanto a nivel profesiona­l como persoal».

Deste xeito, Mulleres + non se trata unicamente dun programa de formación. O empoderame­nto da muller, a mellora das habilidade­s sociais e o desenvolve­mento persoal son eixes principais da iniciativa, que se desenrolar­á ata xaneiro de 2023.

Participan unhas 16 mulleres, repartidas en dous grupos, un no edificio da Estación de Santa Cruz de Rivadulla e o outro no centro social de Vedra. O programa desenvólve­se de dous modos. Por un lado, con sesións grupais que facilitan o traballo e, por outro, individuai­s, que son moi importante­s para que cada beneficiar­ia exprese as súas necesidade­s.

Entre as actividade­s, este mes houbo charlas sobre dietética e nutrición, impartidas por unha experta no centro social de Vedra.

 ?? [PACO RODRÍGUEZ] ?? Dentro do programa, este mes houbo charlas sobre dietética no centro social de Vedra
[PACO RODRÍGUEZ] Dentro do programa, este mes houbo charlas sobre dietética no centro social de Vedra

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain