La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Rois ten no veciño Xurxo Neo a todo un campión de trial

O mozo de 15 anos de Urdilde estréase na categoría júnior da moto de 300 cc.

-

[uXía lópez] Rois ten un campión sobre a motociclet­a. É Xurxo Neo Suárez, veciño de Urdilde de 15 anos e que leva dende os 6 competindo na modalidade de trial, aínda que a primeira vez que se subiu a unha moto foi aos 4 anos, animado polo seu pai Javier que é un afeccionad­o dese mundo. E, dende aquela, xa non baixou da moto e non parou de recoller éxitos. Entre eles, foi campión nacional xuvenil dous anos na categoría de 125 centímetro­s cúbicos, na que tamén foi subcampión cadete. Agora mesmo está inmerso no campionato europeo na categoría Youth. Na primeira proba, disputada en León, alcanzou o segundo posto. Na segunda proba, disputada na localidade francesa de Breal sous Montfort, o mozo tamén quedou de segundo. Neste campionato, para mozos de entre 12 e 16 anos, o veciño de Urdilde compite cunha moto de 125 cc.

Xurxo Neo estréase este ano na categoría júnior de 300 centímetro­s cúbicos, na que competirá no campionato de España. Conta o piloto que este primeiro ano «é para aprender o máximo posible e coller experienci­a» para, de cara á vindeira tempada, «loitar polas vitorias». O veciño de Urdilde compaxina a súa afección cos estudos de terceiro curso de Educación Secundaria no IES de Brión. Adestra os sábados e domingos e, se pode, tamén algún día da semana, en espazos preto de casa aínda que recoñece que «cada vez é máis difícil compaxinar a súa afección cos estudos».

Pero, mentres poida, vai seguir facéndoo porque é feliz subido a unha moto aínda que é consciente de que é complicado dedicarse de cheo so a iso. «Véxoo posible, pero é moi difícil porque tes que destacar moito para que as marcas se fixen en ti e che financien».

Neste sentido, conta co apoio dende o primeiro momento do Concello de Rois, que lle dá moita visibilida­de a través das redes sociais, pero tamén co respaldo económico de distintas marcas: Senrasport Ángel Leirós Motos; Brión Motor; VidrioTeo; Silmaplast; Barpimo e TCG Noia.

 ?? [pacO rODríGUEZ] ?? Xurxo Neo ten dúas motos idénticas, unha para adestrar e outra para competir. Do seu mantemento ocúpase o seu pai, Javier. Adestra nas fins de semana e, se ten tempo, algunha vez tamén pola semana, en espazos próximos á súa casa de Urdilde
[pacO rODríGUEZ] Xurxo Neo ten dúas motos idénticas, unha para adestrar e outra para competir. Do seu mantemento ocúpase o seu pai, Javier. Adestra nas fins de semana e, se ten tempo, algunha vez tamén pola semana, en espazos próximos á súa casa de Urdilde

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain