La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Iglesias Turnes relata a transforma­ción do mundo rural

O autor bañés vén de publicar a súa terceira novela, «Os soños de Miguel»

-

[EMILIO FORJÁN] Os soños de Miguel (Xerais), é a terceira novela escrita por Manuel Iglesias Turnes, trala gran acollida que tivo a súa opera prima: As rapazas de Xan —leva sete edicións—, e Que non te aten, o seu segundo libro. Os soños de Miguel aborda a historia do seu protagonis­ta, Miguel, quen soña cun proxecto de vida que lle permita vivir dignamente na aldea.

A súa presentaci­ón arrincou no mes de marzo en Negreira, onde o autor, natural da parroquia bañesa de Cabanas, estivo arroupado por amigos seus coma o escritor Suso

de Toro; Xosé Manuel Cobas, ilustrador e autor da capa do libro; ademais de Carme Pereiro, técnica de Normalizac­ión Lingüístic­a; e Fran Alonso, escritor e director de Xerais. A segunda parada foi en Santa Comba, en Ler Librerías; e o pasado día 15 de maio na súa parroquia, en Cabanas.

Os soños de Miguel é unha novela ambientada a finais dos anos sesenta e principios dos setenta. Un período no que Galicia pasou da agricultur­a e gandería de subsistenc­ia a figurar entre as zonas máis importante­s en Europa en canto á produción de leite. Miguel, o protagonis­ta, é un mozo novo, orfo de nai, criado polos avós con férrea disciplina. El, que se ve na obriga de levar o peso dunha casa de labradores, non deixa de soñar cun proxecto de vida que lle permita «habitar a aldea dignamente».

«Este último libro está ambientado nese momento en que todo cambia. A forma de traballar a terra, a forma de divertirse, e empeza a producirse leite, xusto cando a primeira remesa de mocidade vai a estudar ao entrar diñeiro do leite nas casas», relata Manuel, quen engade que ese cambio que Miguel quere darlle ao seu traballo de gandeiro, choca de fronte coa idea do seu avó, quen quere que as cousas sigan facéndose do xeito que el coñece. «Foi un cambio duro, porque o referente de entón eran os hórreos cheos de millo, que simbolizab­an que unha familia estaba acomodada», sinala Manuel Iglesias, quen abonda en que aparte dun cambio económico tamén o era social, porque afectaba á xente maior.

 ?? ?? Manuel Iglesias estivo acompañado por Xosé M. Cobas, Fran Alonso ou Suso de Toro na presentaci­ón do libro.
Manuel Iglesias estivo acompañado por Xosé M. Cobas, Fran Alonso ou Suso de Toro na presentaci­ón do libro.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain