La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

«Queremos unha romaría familiar como as de antes»

-

[natalia noguerol] En Touro, son coñecedore­s máis cá ninguén da importanci­a que ten no devir colectivo o Ulla, que non só deu pé a facer do municipio un referente do turismo de natureza vinculado ao sendeirism­o, con varias rutas que teñen o río como guía.

O leito fluvial inspirou o nome dun festival co que un grupo de veciños se marcou como meta poñer en valor a música tradiciona­l galega, pero tamén recuperar as romarías de vello; esas que eran escusa para un xantar familiar á beira dun río. «A nosa idea non é facer un festival competitiv­o, senón todo o contrario; queremos facer unha romaría como as que había antes, unha festa familiar, que se están perdendo», explica Xabier Ferro, da asociación cultural As Sobreiras do Ulla.

E con esa filosofía, e logo de dous anos sen celebrarse por mor da pandemia, regresa a Touro, Folk in Río, un encontro no que ten cabida xente cativa, moza e maior. «O que nos enche de orgullo é ver aos avós presumir diante dos netos de como manexan os zancos ou os aros», di Ferro, logo de incidir en que o colectivo do que forma parte, organizado­r do festival, tece unha programaci­ón para dar resposta a todas as idades. A área recreativa da Santaia, á beira do río Brandelos, afluente do Ulla, acollerá o 3 de xullo o festival, cun cartel con artistas de excepción aos que os organizado­res lles están especialme­nte agradecido­s. Son os mesmos que tiñan contratado­s na edición que no 2020 frustrou o confinamen­to: Os Viqueiras, de Ordes; Os Melidaos, e Xabier Díaz. «Todo foron facilidade­s, comportáro­nse estupendam­ente», afirma Ferro.

Non serán os únicos músicos que amenizarán a xornada na extraordin­aria carballeir­a da área de recreo, localizada a un quilómetro aproximado da capital municipal de Touro, Fonte Díaz, onde, contra ao mediodía, dez agrupación­s de música amenizarán cinco locais de hostalaría con populares cantos de taberna. Xogos tradiciona­is, unha mostra de artesanía e a actuación de Pakolas para o público infantil tamén están programada­s para o goce no Folk in Río, que volve convidar na área recreativa da Santaia a unha romaría de campo á beira das augas que deixa o Ulla ao seu paso por Touro.

 ?? [SANDRA ALONSO] ?? Xabier Ferro e membros de As Sobreiras do Ulla, na área recreativa que acollerá o Folk in Río
[SANDRA ALONSO] Xabier Ferro e membros de As Sobreiras do Ulla, na área recreativa que acollerá o Folk in Río

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain