La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

«Son unha persoa normal á que lle gusta traballar polos seus veciños»

-

Seguindo a tendencia de que persoeiros locais protagonic­en o pregón de San Pedro, a comisión de festas decidiu que fose un xalleiro de pro como José Manuel Vázquez «Huelvis», traballado­r municipal do equipo de Cultura, Deporte, Educación e Xuventude, así como adestrador de fútbol Uefa Pro e profesor na escola de adestrador­es. —Pregoeiro no seu pobo. Que se sinte?

—Seguir a estela do doutor Ángel

Carracedo, Isabel Blanco ou Isabel Silvariño, debe ser que me queren ben, ou algo faría. Penso que o maior mérito debe ser o de que son unha persoa normal que lle gusta traballar polos seus veciños, neste caso dende a miña labor de traballado­r municipal, así como pola constante búsqueda de iniciativa­s que fagan de Santa Comba un lugar que sexa referente en calquera materia.

—Cal é o recordo mais bonito que ten da pandemia?

—Pois cos máis pequenos e cos máis maiores. Facerlle a compra á xente maior que non tiña posibilida­de ou tiña medo de saír, e recorrían aos servizos que tiñamos en marcha. E logo, claro está, a animación que era diaria dos cumpreanos con palabras personaliz­adas, aínda que a min fíxome especial ilusión axudar a rapaces que non tiñan recursos informátic­os suficiente­s no rural para manter as clases cos traballos que lle enviaban desde os coles, polo que recorría Santa Comba.

—Antes citou a Ángel Carracedo. Que significa para vostede? — É a persoa máis importante que coñezo e aínda por riba é de Santa Comba. Podería contar moitas anécdotas porque é súper accesible. Que saibamos recoñecer a unha persoa que traballa desde Galicia para o mundo e a ciencia, é algo moi gratifican­te e oxalá se lle vexa recompensa­do co premio Princesa de Asturias.

—Que ruta lle gustaría que se fisexe realidade?

—Pois a do río Xallas. Poder andalo desde o seu nacemento ata a súa desembocad­ura, e que son dous sitios para min especiais, sería moi positivo para que moita xente coñecese este territorio ata a desembocad­ura no mar.

—Con Dumbría existe un feeling especial?

—O fútbol che trae amigos e poder adestrar a equipos de fútbol base alí, abriume moitas portas de aprendizax­e e amizades que vas cimentando co tempo. É un sitio especial que teño moi marcado e moi claro.

—Algún recordo á hora de dar o pregón?

—Pois meu irmán, que é a familia máis próxima que teño, e miña nai. Acordeime moito dela no pregón porque era unha persoa cen por cen de Santa Comba, e cos sinais de identidade que nos definen: traballado­res, humildes e xente de bo corazón. E xa a imaxinei dicindo: non fales moito!

—Que lle di á xente para que veña ás festas?

—Que ben merece esta comisión co seu gran esforzo que a xente vexa as festas de San Pedro como as de todo o seu concello.

 ?? [p. rodríGUEZ] ?? José Manuel Vázquez «Huelvis», na fervenza de Rebordelos
[p. rodríGUEZ] José Manuel Vázquez «Huelvis», na fervenza de Rebordelos

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain