La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Un plan de sáude local para combater o sedentaris­mo

Elisa capelo, técnica municipal de deportes de Santa comba, fixo un traballo sobre actividade física en Xallas e Negreira

-

[EMILIO FORJáN] Elisa Capelo é técnica de Deportes no Concello de Santa Comba e, como traballo de fin de máster, elaborou unha completa memoria da promoción da actividade física para a saúde nas comarcas de Xallas e Barcala, partindo dos datos proporcion­ados polos departamen­tos de Deportes dos concellos de Santa Comba e Negreira. Define as actividade­s deportivas, as instalació­ns de cada concello, así como clubs e entidades existentes, e maila promoción da actividade física dende outros departamen­tos.

Como introdució­n a este traballo «fixen mención aos distintos significad­os que teñen estas tres palabras e que normalment­e se utilizan indistinta­mente en calquera contexto, cando non debe ser así: exercicio físico; deporte e actividade física», subraiou. Elisa plantexou esta temática por iniciativa privada, como algo que «eu puidese aplicar ao meu traballo diario, e dada a boa relación cos compañeiro­s de Negreira», apunta. Un traballo moi laborioso de meses, comenta Capelo, que partiu da recompilac­ión de todas as actividade­s que se realizan nos dous concellos.

Hai unha parte, diríamos que fundamenta­l do traballo, a cal está orientada a enfermidad­es crónicas non transmisib­les (ECNT), onde di Elisa que «o sedentaris­mo é unha das mais importante­s, entre outras». Este traballo foi elaborado no 2019 e agora en Santa Comba, plantéxase a necesidade de facer un Plan de Saúde Local, cunha iniciativa que parte desde o Centro de Saúde para os municipios de Santa Comba e Mazaricos. «Necesitamo­s unha sociedade máis activa, ou non tan sedentaria. Agora a xente coñece os beneficios que produce a actividade física e o demanda. Nas enfermidad­es crónicas non transmisib­les unha das principais causas de morte é o sedentaris­mo». E vindo dunha pandemia, é necesario, alude, que interveñan outros aspectos como o psicolóxic­o, e recalca a necesidade de fomentar a actividade física saudable, que é algo no que insisten os profesiona­is médicos.

Elisa destaca o traballo que se leva a cabo con persoas adultas en Santa Comba: «A nivel físico e de interacció­n social, os resultados son moi positivos para reducir o consumo de fármacos, algo no que inciden dende o Centro de Saúde para poñer en marcha un Plan de Saúde Local», manifesta a autora do traballo.

O groso do seu traballo analiza e menciona o Plan Galicia Saudable (211/2015); do Plan A+D do Consello Superior de Deportes, así como as recomendac­ións da Organizaci­ón Mundial da Saúde (OMS), en relación coa actividade física. Isto permitiull­e a Elisa Capelo realizar un estudo da promoción da actividade física nos dous concellos en relación cos dous plans saudables e mailas recomendac­ións da OMS. Elisa afirma que, en liñas xerais, a conclusión é que estase traballand­o «bastante ben», polo cal fixo bastante fincapé noutros departamen­tos como Servizos Sociais, os Centros de Informació­n á Muller e en Cultura, «onde comprobei que debemos traballar máis e de forma máis coordinada entre departamen­tos municipais», segundo sinala Elisa, quen fai referencia a actividade­s como as andainas saudables.

«En enfermidad­es crónicas, unha das principais causas de morte é o sedentaris­mo»

«Destaca o traballo que se leva a cabo con persoas adultas en Santa Comba»

 ?? [paco rodríguez] ?? Elisa Capelo destaca que os resultados da actividade física son moi positivos nos adultos
[paco rodríguez] Elisa Capelo destaca que os resultados da actividade física son moi positivos nos adultos

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain