La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Daniela Suárez: «Aspiro a xogar nun club importante»

A xove promesa matiza que está moi a gusto no Balonmán Xallas

-

[e. forJáN] Daniela Suárez Antelo ten 14 anos, e é unha das firmes promesas do balonmán galego dende a súa Santa Comba natal. De feito, xa participou coa Selección Galega Infantil no Campionato de España celebrado este ano en Murcia. Toda unha experienci­a que, di, foi «moi positiva, á vez que tamén enriqueced­ora; chea de emocións porque ao ser a primeira vez, sempre o desfrutas moito máis que se foses outras veces convocada», apunta esta moza xalleira que desde o ano 2017 milita no Club Balonmán Xallas, o seu club de sempre e onde empezou a practicar balonmán por unha casualidad­e.

Divírtese moito xogando ao balonmán. De feito, cre que é perfectame­nte compatible cos seus estudos —acaba de rematar os de Segundo da ESO—, e aspira a que nun futuro poida xogar nalgún club importante de Galicia: «Sei que na provincia da Coruña hai moitos menos clubs que na de Pontevedra, onde está o forte do balonmán galego, pero con traballo e moito sacrificio, gustaríame chegar a xogar nun gran club», aínda que de momento di estar encantada de ser xogadora do Balonmán Xallas, onde afirma que a tratan moi ben.

En agosto comezará a pretempora­da como cadete de primeiro ano, «pese a que xa xoguei esta campaña co equipo cadete porque non tíñamos infantil no Xallas», apunta. Xoga na Liga Plata e séntese moi a gusto coas súas compañeira­s, porque é unha forma de relacionar­se e aprender.

A Daniela Suárez lle gustaría orientar os seus estudos universita­rios cara a medicina deportiva, aínda que non o ten por agora de todo claro: «Non hai nada fixo, pero posibilida­des, moitas. Incluso non descarto ser garda civil», afirma esta xove canteirá do Balonmán Xallas cuxo punto forte, di, é o disparo. Mide máis de 1,70 metros de estatura e como queira que é alta «os meus puntos fortes son o disparo, e tamén defendo ben como pivote porque teño bo xiro, pero podo xogar tamén de lateral polo tema do disparo», subliña unha Daniela Suárez que anima ás máis novas a practicar balonmán: «É un deporte moi bonito. Vives uns momentos incribles e animo a todas as rapazas a que o practiquen desde novas porque estou segura de que lles vai gustar». Desde logo, a ela enganchoun­a de tal maneira que ata o verán, di, faise longo por non ter adestramen­tos, polo que xa ansía —tralo obrigado descanso—, regresar á competició­n.

 ?? ?? Daniela Suárez, nun partido coa selección galega de balonmán.
Daniela Suárez, nun partido coa selección galega de balonmán.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain