La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Amipa mira ao futuro e quere vivendas tuteladas

O colectivo reivindica a inclusión social no rural das persoas con discapacid­ade

-

[UXÍA LÓPEZ] Amipa, a Asociación de Nais e Pais de Persoas con Discapacid­ade Intelectua­l da Comarca do Sar, cumpriu 25 anos. Fíxoo reivindica­ndo a inclusión social das persoas con discapacid­ade intelectua­l no rural, pero tamén mirando ao futuro e sinalando as súas inquietude­s e necesidade­s: poñer en marcha vivendas tuteladas; contar cun centro de día; ter un servizo de apoio para as familias; participar en actividade­s da comunidade e de ocio personaliz­ado e establecer alianzas ca veciñanza, coas asociación­s, coas empresas e cos Concellos. De todo iso falaron os usuarios no vinte cinco aniversari­o de Amipa, entidade que naceu o 14 de maio de 1997 a iniciativa de catro nais e un pai. Nesta andadura, destaca o ano 2003, cando a modesta rede de talleres rurais dos tres concellos empezaron un proxecto común en Padrón, nos baixos da piscina municipal.

En 2005 houbo outro fito importante para a entidade: a empresa Stac formou aos usuarios no traballo manipulado de aluminio, un sector con gran peso na comarca. Detrás de Stac viría outra empresa, Nestlé, e para as dúas seguen a traballar hoxe en día.

Así o local de Padrón quedou pequeno, e no ano 2010, Amipa trasladous­e á casa reitoral de Sorribas, rehabilita­da tras a cesión por parte do Arcebispad­o. Alí funciona agora o seu Taller Ocupaciona­l, no que reciben formación integral e á que sumaron tamén os talleres de artesanía, no que participan 17 usuarios. O 2017 marcou outro fito importante para Amipa xa que incorporou a usuarios de municipios de fóra da comarca do Sar, en concreto de Brión e Teo. No 2019 deseñou un plan de mellora, para o futuro que quere.

Amipa é, como di o seu presidente José González, «un soño feito realidade, un proxecto ilusionant­e no que seguiremos traballand­o nos seguintes 25 anos pola inclusión plena e real das persoas con discapacid­ade, sumando a forza de moita xente para unha sociedade máis xusta».

 ?? ?? Fotografía de familia na horta da casa reitoral de Sorribas, cos 24 usuarios de Amipa xunto cos profesiona­is que traballaro­n nalgún momento na entidade nos 25 anos que acaba de cumprir ou que traballan na actualidad­e, incluído persoal dos tres Concellos do Sar.
Fotografía de familia na horta da casa reitoral de Sorribas, cos 24 usuarios de Amipa xunto cos profesiona­is que traballaro­n nalgún momento na entidade nos 25 anos que acaba de cumprir ou que traballan na actualidad­e, incluído persoal dos tres Concellos do Sar.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain