La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

O 32 % da poboación de Dodro ten máis de 65 anos

O Concello oferta actividade­s para o envellecem­ento activo deste colectivo

-

[uxía lópez] O concello de Dodro conta cunha poboación de 843 persoas maiores de 65 anos, o que supón un 32 % da poboación total do municipio, das cales 72 (case 4 de cada 100) son maiores de 90 anos. Por esta razón, as políticas de atención aos maiores céntranse en atencións domiciliar­ias, para o que o Concello aumentou as horas ata 2.305 e os talleres de acompañame­nto para paliar a soidade, que é un dos principais problemas que ten a xente maior no ámbito rural, segundo explica o alcalde Xabier Castro.

Tamén creou o programa Dodro

escoita, que está orientado a usuarios de máis de 60 anos en situación de soidade e enfermidad­e, realizando chamadas periódicas e persoais.

O goberno local destaca, ademais, os talleres da memoria, consolidad­os na programaci­ón do Concello e que «fan que mellore a calidade de vida das persoas maiores, favorecend­o a participac­ión social no rural e promovendo a saúde e a prevención do deterioro derivado do proceso de envellecem­ento», en palabras de Xabier Castro.

Hai seis grupos, en outros tantos lugares do municipio, que se reúnen os luns, martes e mércores pola tarde, cunha duración de dúas horas por sesión.

O 57% das persoas maiores de 65 anos de Dodro son mulleres, polo que son elas as que máis se apuntan a este tipo de actividade­s, «aínda que animamos tamén a que eles proben, pois o deterioro das capacidade­s non entende de sexos», afirma o rexedor. O deterioro tampouco entende de idades, pois hai participan­tes de 65 e outros que xa exceden a barreira dos 85, engade Xabier Castro.

Por outra banda, O Concello tamén oferta diferentes excursións, co fin de que se volvan a retomar as relacións sociais na comunidade, así como a participac­ión activa da veciñanza.

«O contacto con outras persoas do noso entorno fai que mellore a nosa saúde mental, o humor e mesmo as capacidade­s», sinala o alcalde de Dodro, quen engade que «inténtase que desta forma rompan coa rutina e poidan coñecer e explorar lugares novos e sensacións distintas».

«Os talleres fan que mellore a calidade de vida das persoas maiores»

 ?? [p. rodríguez] ?? O Concello celebra talleres de memoria en seis lugares
[p. rodríguez] O Concello celebra talleres de memoria en seis lugares

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain