La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

A Carballeir­a de Padrón cumpre 20 anos con boa saúde

A Asociación de Mulleres Rurais de Extramundi ten máis de 150 socios

-

[uxíA lóPez] A Asociación de Mulleres Rurais A Carballeir­a de Extramundi, en Padrón, celebra 20 anos e faino con moi boa saúde. Con máis de 150 socios, incluídas as cotas familiares, a entidade é un referente no concello na celebració­n de cursos de formación, charlas informativ­as e organizaci­ón de viaxes e excursións, tal e como explica a súa presidenta e fundadora, Carme Castro González.

Hai vinte anos, esta veciña de Extramundi vía como a Casa de Cultura do lugar «estaba para os paxaros» e pensou por que non crear unha asociación para darlle uso e, sobre todo, «darlle vida aos veciños». E así foi, despois de comentarll­o a outra residente, María Gens. A partir de aí buscaron máis persoas para a directiva e ata hoxe.

«Xa me perdo cos cursos que levamos feitos nestes vinte anos», afirma a presidenta, quen recoñece que os comezos foron complicado­s porque non había a facilidade que hai agora para tramitar a documentac­ión e as comunicaci­óns. Entre os socios, os veciños de Extramundi, pero tamén doutros lugares como Padrón pobo,

Lestrove e mesmo Santiago. «A asociación é un punto de encontro estupendo e de convivenci­a veciñal; estamos esperando a hora para xuntarnos», asegura Carme Castro. Entre as actividade­s que realizan na actualidad­e está o teatro; labores artesanais; ximnasia de mantemento; pilates, terapia de costa, excursións e festas en determinad­as época do ano, como agora o San Xoán. Pero nestes anos houbo tempo tamén para fomentar a igualdade entre sexos, de modo que teñen celebrado cursos nos que o home cociña e prancha roupa mentres a muller fai traballos de carpinterí­a. En setembro teñen previsto facer a celebració­n do vinte aniversari­o, cun acto relixioso e unha comida.

 ?? [pAco RodRígUEZ] ?? A Asociación de Mulleres Rurais acaba de facer a representa­ción dunha obra de teatro
[pAco RodRígUEZ] A Asociación de Mulleres Rurais acaba de facer a representa­ción dunha obra de teatro

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain