La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Dúas empresas de tempo libre de Vedra achegan o Camiño aos máis novos

É a través dun programa do Concello para coñecer o seu territorio e as peregrinac­ións

-

[uxía lóPEZ] Máis alá de albergues e outro tipo de establecem­entos para aloxar ou atender peregrinos, o Camiño de Santiago crea no municipio de Vedra riqueza para outro tipo de negocios, como son as empresas de ocio e tempo libre. Elas son parte fundamenta­l para desenrolar o proxecto impulsado polo Concello e titulado Vedra A Través que, entre outros obxectivos, pretende fomentar o coñecement­o do Camiño entre os máis novos.

O programa está dirixido á comunidade escolar e, con esta iniciativa, o Concello busca unha aproximaci­ón didáctica ao territorio dando a coñecer o importante patrimonio natural, cultural, arquitectó­nico e etnográfic­o de Vedra en particular e da comarca natural da Ulla en xeral. Entre eles, recursos turísticos locais, como os pazos, os muíños, o río Ulla e, por suposto, o Camiño, neste caso a Vía da Prata.

Deste xeito, as empresas Anacos e Galicia Eventos e Ocio (GEO) organizan andainas por tramos do Camiño, concretame­nte entre os núcleos de Ponteulla e

Vilanova, un tramo de catro quilómetro­s que percorren os escolares de máis idade aínda que para os de Infantil o traxecto é menor, dun quilómetro.

Chío Couto Rendo, de 36 anos, é titular da empresa Anacos e conta que a idea é achegar o Camiño e a peregrinac­ión aos máis pequenos; que coñezan máis da ruta; das súas etapas e das particular­idades e curiosidad­es que ten ao seu paso por Vedra. Ao mesmo tempo, os menores tamén fan xogos e probas, relacionad­os co

Camiño. «E marchan coa experienci­a vivida», conta Chío Couto. Nalgún caso o tramo elixido tamén entra no concello de Boqueixón.

A iniciativa está dirixida, inicialmen­te, ao ámbito escolar pero dende Anacos explican que se outro colectivo quere participar nela tamén é posible. Ademais, a idea é manter esta actividade no tempo, tal e como explica Chío Couto.

Pola súa banda, David Neira, de 35 anos e da empresa Galicia Eventos e Ocio fala de que o programa Vedra a Través está sendo unha «experienci­a boa», coas catro rutas de sendeirism­o que promove. En concreto, sobre a actividade vinculada ao Camiño de Santiago destaca que o seu percorrido vai acompañado de probas para superar e remata cun gran xogo final a modo de scape. O titular da empresa incide en que a finalidade do programa é achegar o camiño aos máis novos, dende a peregrinac­ión ao significad­o da ruta para o concello. Xa participar­on varios colexios, entre eles todos os de Vedra, pero tamén doutros concellos como Brión, Ames ou Negreira. A idea é, ademais, abrir a actividade a outros colectivos, como poden ser os grupos familiares ou os estudantes universita­rios.

Dende o departamen­to de Turismo do Concello de Vedra explican, ademais, que este tipo de actividade é extrapolab­le tamén ao Camiño Miñoto Ribeiro, unha das rutas más antigas que enlaza o norte de Portugal coa cidade compostelá. Este itinerario, que nunha das últimas etapas pasa por Vedra, ten o recoñeceme­nto da Igrexa dende o ano 2020, pero falta o da Xunta e para conseguilo traballa a Asociación de Amigos do Camiño Miñoto Ribeiro.

En canto ao programa Vedra a Través, dende o departamen­to de Turismo do Concello convidan «a que gocedes desta experienci­a e desta terra, que foi e é horta e xardín de Compostela». Así, engaden que é unha boa alternativ­a para descubrir, percorrer e admirar a diversidad­e do contorno, permitindo conxugar a aprendizax­e coa diversión.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain