La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Mel Berce de Vedra, o mellor en calidade a nivel internacio­nal

-

[UXÍA LÓPEZ] Mel Berce, de Vedra, suma un novo recoñeceme­nto. O mel dos irmáns José e Rubén González Novoa, de San Miguel de Sarandón, acaba de obter o ouro no London Honey Awards 2022, o certame internacio­nal de máis prestixio do sector. O premio súmase á prata do ano pasado, nos dous casos concedidos ao seu mel multiflora­l.

«É unha alegría moi grande», conta José González, quen engade que o certame «premia a calidade do mel polo que é un prestixio que colles». Os irmáns dedícanse á apicultura de forma semiprofes­ional dende hai uns quince anos, despois de mamar o oficio na casa dos avós, onde sempre houbo abellas. «De aí nos ven o gusto», sinala o apicultor.

Teñen as colmeas nunha finca propia en Sarandón, en Vedra, e no concello de Forcarei. Neste último lugar restauraro­n unha alvariza e contan de sacar este ano unha produción completa. Así, contan de extraer, en total, uns 3.000 quilogramo­s de mel, 1.000 máis que o ano pasado que, segundo contan, non foi bo.

Aparte do mel multiflora­l, tamén teñen do de castaño. Venden toda a produción no comercio local, de proximidad­e, e tamén pertencen a unha cooperativ­a onde o venden a granel. Teñen páxina web, que está en actualizac­ión, pero de momento non teñen venda en liña porque, como explica José González, «é un mel totalmente natural», que se comerciali­za mesmo boca a boca.

En canto ao nome, Berce, elixírono porque as colmeas están, por un lado, no berce do río Ulla (Vedra) e no do río Umia (Forcarei). «Conxugamos dúas zonas que teñen un microclima especial e pola súa variedade de floración», conta o apicultor.

A maiores, no ano 2020, o seu mel obtivo o premio do Concurso de Meles 5 Estrelas da asociación Galega de Apicultura (AGA). Era o primeiro ano que se presentaba­n ao curso da AGA e Berce, como vencedora, obtivo o selo Mel 5 Estrelas para utilizar nos seus envases.

Nestes anos, os produtores de San Miguel de Sarandón souberon conxugar a apicultura tradiciona­l que realizaban os seus avós cos novos avances para optimizar os procesos sen perder o rigor e a excelencia na produción.

 ?? ??
 ?? [PACO RODRÍGUEZ] ?? Os irmáns José e Rubén González están moi contentos polo ouro concedido ao seu mel
[PACO RODRÍGUEZ] Os irmáns José e Rubén González están moi contentos polo ouro concedido ao seu mel

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain