La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Case 400 veciños de Brión irán a actividade­s o vindeiro curso

Organizada­s polo Concello, son culturais e deportivas

-

[uxía lópez] O Concello de Brión foi previsor e xa abriu as inscrición­s para as actividade­s culturais e deportivas do vindeiro curso 2022-2023. Deste xeito, este ano optou por que as renovación­s fosen automática­s, polo que aquelas persoas que non quixeran continuar na actividade elixida debían comunicalo antes do 15 de xullo. De acordo con cifras aportadas polo Concello, renovaron praza 342 persoas. A maiores, 51 máis apuntárons­e no prazo de novas reservas.

O programa de actividade­s, que dará comezo o día 3 de outubro, inclúe unha quincena de propostas deportivas e culturais tanto para os nenos de Brión como para persoas adultas. Os prezos mantéñense con respecto ao último lustro, é dicir, 80 euros ao ano por actividade, novamente coa excepción de ioga, que é de 120 euros por anualidade.

O Concello de Brión mantén tamén os descontos establecid­os o ano pasado para segunda actividade e familias. Outra novidade do vindeiro curso é que o Concello permitirá un período de proba das actividade­s de 15 días, durante o cal as persoas poderanse dar de baixa sen ter que pagar ningunha penalizaci­ón. As baixas poderán tramitarse antes do 15 de outubro ou do 1 ao 15 de febreiro, no segundo cuatrimest­re.

O programa de actividade­s culturais inclúe a Escola Municipal de Danza e Música Tradiciona­l, que ofertará catro cursos: baile galego; pandeireta; gaita e percusión e iniciación á música e ao baile tradiciona­l. Cada un dos cursos ten un custo de 80 euros ao ano. O programa tamén inclúe dúas actividade­s na área de escolas artísticas: catro grupos de iniciación á pintura e dous grupos de teatro infantil e xogo dramático. Os prezos son de 80 euros por curso.

No que atinxe ás actividade­s deportivas, a oferta do Concello de Brión abrangue 155 prazas, 20 para adultos e 135 para menores de 16 anos. Por outra banda, as actividade­s de conciliaci­ón do verán tiveron moito éxito, superando as cifras de antes da pandemia. Así, a primeira quincena do campamento de conciliaci­ón de xullo tivo 125 nenos e na segunda, 120. En agosto e setembro esa participac­ión baixa a 70, pero segue sendo superior a outros anos. Tamén o campamento­s xuvenil incrementa­ron moito a súa participac­ión e hai 59 anotados.

 ?? ?? No programa do vindeiro curso hai clases de baile e música tradiciona­l.
No programa do vindeiro curso hai clases de baile e música tradiciona­l.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain