La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Dodro adaptará unha vía para uso ciclista e peonil

É un senda de 6,6 quilómetro­s que cruza o municipio de lestrove a Bexo

-

[uxía lópez] O Concello de Dodro aposta pola mobilidade sostible mediante o acondicion­amento dun viario existente, cunha lonxitude total de 6,6 quilómetro­s. Trátase dun camiño que terá preferenci­a para peóns e ciclistas e que cruza o municipio de sur a norte, dende Lestrove a Bexo. Arranca no primeiro núcleo para discorrer por detrás dun taller na zona de Cancela Abrea; pasar fronte ao Concello nun tramo próximo ás Brañas de Laíño e paralelo á estrada autonómica; continuar por Imo e Bexo, neste último caso moi pegado ao río Ulla. En parte é o mesmo trazado que en Dodro se coñece como ruta do colesterol e que tantas persoas percorren a diario, do municipio e mesmo de Padrón. Entre elas, Francisco, veciño da Igrexa de Dodro, quen ve con bos ollos a actuación proposta, pero cre que é preciso anchear a pista e limpar as marxes.

Para acondicion­ar a ruta, o Concello solicitou unha subvención á Deputación, que xa ten comprometi­da por importe de 120.000 euros, segundo o alcalde Xabier Castro. Así, a previsión «é sinalizar o itinerario neste ano», di o rexedor. A actuación inclúe delimitar nas marxes da vía unhas zonas de protección e prioridade para o tráfico ciclista, que tamén serán empregadas polos peóns nos seus desprazame­ntos cotiás.

O itinerario non quedará pechado ao tráfico rodado, segundo explica o alcalde, pero si que terán preferenci­a peóns e ciclistas, de xeito que os coches deixen de usar este camiño como vía secundaria para percorrer Dodro dun extremo a outro evitando a estrada autonómica AC-305.

Ademais de sinalizaci­ón vertical e horizontal, indicada para limitar a velocidade, tamén está previsto a colocación de badéns, salvo nas marxes para que os ciclistas poidan circular sen problema. Na nova ruta tamén se crearán zonas de descanso, coa colocación de bancos. Ademais, está previsto reparar o firme existente e a canalizaci­ón soterrada de 400 metros para alumeado público e a colocación de 19 luminarias. A actuación enlaza co plan de mobilidade sostible de Dodro, que propón sendas ciclistas e peonís para conectar localidade­s.

«a previsión é sinalizar o itinerario este ano, coa subvención da Deputación»

 ?? [u. lópez] ?? Francisco, da Igrexa de Dodro, pasea a diario pola zona
[u. lópez] Francisco, da Igrexa de Dodro, pasea a diario pola zona

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain