La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

A praia fluvial de Rois é das poucas aptas para o baño

Siutada en Seira, é un espazo ideal para refrescars­e en contacto coa natureza

-

[uxíA lópez] A praia fluvial de Seira, no municipio de Rois, é das poucas aptas para o baño na área de Santiago. Con moita afluencia no verán, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta cualificou de boa a calidade das súas augas, polo que os veciños e outras persoas de localidade­s próximas, entre elas Padrón, xa están gozando do fermoso e fresco espazo que conforma o río Rois ao seu paso por esta zona baixa do municipio, e máis nos últimos días coa ola de calor.

As augas fluviais desta praia conseguen a declaració­n de aptas para o baño como nos últimos dous anos, despois de varios veráns nos que non reunían a calidade suficiente como para meterse nelas. Ante eses resultados, o Concello encargou en 2018 e 2019 as súas propias contra análises, que rebateron a cualificac­ión da Dirección Xeral de Saúde Pública.

Fíxoo porque, como explicou o alcalde Ramón Tojo, «dende o Concello de Rois vimos apostando por potenciar a praia fluvial de Seira como zona de recreo e ocio para a veciñanza. Levamos investidos moitos cartos, coa axuda da Xunta e estamos a traballar para que estea sempre nas mellores condicións». Así, é unha praia ideal para refrescars­e cando soben as temperatur­as, aínda que non hai moita profundida­de para nadar. Pero as súas augas claras e árbores frondosas dan un respiro e permiten descansar ou realizar actividade­s de ocio en harmonía coa natureza. Ademais das zonas verdes, de baño e de pesca, a praia fluvial de Seira conta cun área de descanso con mesas e bancos, todo de pedra, e un aparcament­o, reformados en 2017.

Na actualidad­e, a praia fluvial é un lugar moi concorrido, sobre todo os días de calor e as fins de semana, no que ademais hai unha taberna que dá vida á zona.

Deste xeito, os veciños poden refrescars­e na praia fluvial sen saír do municipio ou tamén teñen a opción da piscina descuberta de Senra, na parroquia de Aguasantas, que os días de máis calor tivo máis de 100 usuarios diarios.

 ?? [xoán. a. Soler] ?? A praia fluvial de Seira está moi concorrida no verán. O espazo natural fórmase á beira do río Rois, nun tramo que non ten moita profundida­de. O Concello colgou carteis informando de que a calidade das súas augas é boa e tamén de que non dispón de servizo de socorrismo.
[xoán. a. Soler] A praia fluvial de Seira está moi concorrida no verán. O espazo natural fórmase á beira do río Rois, nun tramo que non ten moita profundida­de. O Concello colgou carteis informando de que a calidade das súas augas é boa e tamén de que non dispón de servizo de socorrismo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain