La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

«O festival Asnot é orixinal de Padrón; non se pode imitar»

O evento naceu na taberna O Rincón, na que o veciño impulsou a idea de recrear o ambiente das carreiras inglesas de cabalos, pero neste caso con burros

-

Ca taberna chamada O Rincón se plantou a semente do que hoxe é o coñecido festival Asnot de Padrón, que converte a vila nun gran decorado para parodiar as célebres carreiras de cabalos inglesas. A cita inaugurase mañá e continúa ata o domingo. Foi no ano 2014 cando comezou e detrás da idea está o veciño Antonio Pérez Rey (Padrón, 1969).

—¿Como naceu o Asnot?

—A idea xa rondaba por Padrón e eu, que se me facía moi aburrida a carreira de burros en si, pensei en darlle un plus, pero non sabía que ía ir polo camiño que foi ata chegar a todo o que hai este ano. Pensei o nome imitando as carreiras inglesas de Ascot e, de principio, pensei que ía ser unha [uxía lópez] das tantas festas que se montan en Padrón e non saen adiante, pero ese primeiro ano xa se veu que a idea gustaba e xa me dicían que ía funcionar.

—¿Que lembra das primeiras edicións?

—O segundo ano eu xa non tiña a taberna, senón a miña socia neste tema, Xiana Isabel Ferrón, e xa no terceiro ano incorporou o tema teatral coa caracteriz­ación da raíña, rexistramo­s a marca e a idea e xa empezamos a traballar máis en serio para que a cita medrara e se convertese nun festival fóra do Rincón. Foi unha boa decisión porque a idea sempre foi ir gañando prazas no pobo e que a festa chegara a todo o casco histórico.

—Contou con apoios dende o principio?

—Moi poucos, aínda que Estrella

«Se a edición deste ano é un éxito, ese é o camiño a seguir polo festival para que se consolide»

Galicia xa foi o piar económico fundamenta­l cando demos o salto á praza de Baltar. Os principios foron bastante duros porque, ademais, ao Concello custoulle ver que isto podía medrar e non podíamos facer Asnot sen cartos e, por tanto, sen poñer as barras de bebidas nas prazas.

—A creación dunha asociación cultural para a organizaci­ón supuxo un pulo para o festival? —Si, porque foi unha maneira de poder incrementa­r o orzamento coa solicitude de subvención­s a Turismo ou á Deputación. —Este ano o festival dura tres días e ten novidades como o concurso de bandas ou o mercado de sombreiros. ¿Pensou algunha vez en chegar a isto? —Aínda non se consolidou como un festival sólido e con futuro. A idea deste ano pode chegar a ser a que pretendíam­os, para que todos os padroneses se sintan orgullosos e participen nel. Non hai que esquecer que é unha comedia, na que os personaxes cobran vida polo que calquera pode participar, pero sempre co elemento que identifica ao Asnot: o sombreiro. Ou tamén mercando algún produto relacionad­o co festival. Se este ano sae ben, para o que é fundamenta­l que o bo tempo acompañe, pode ser un proxecto de pobo, que nos una. Nesta edición colaboran economicam­ente moitos locais de hostalería e mesmo o comercio e ese é o camiño: remar todos na mesma dirección para ter e gozar dunha festa familiar e divertida.

—O festival, vai camiño de identifica­r a Padrón?

—Eu creo que si. Se a edición deste ano é un éxito, ese é o camiño a seguir. O que está claro é que este festival non o vas atopar noutro lado, é orixinal de Padrón e non se pode imitar.

—A que aspira Asnot? —Queremos que sexa un festival que o padronés identifiqu­e como seu, do que estea orgulloso, no que participe, colabore e goce.

 ?? [XOáN A. SOLER] ?? Antonio Rey foi o promotor da idea do Asnot, no ano 2014, na taberna O Rincón. A partir de entón sumouse a súa socia, Xiana Isabel Ferrón
[XOáN A. SOLER] Antonio Rey foi o promotor da idea do Asnot, no ano 2014, na taberna O Rincón. A partir de entón sumouse a súa socia, Xiana Isabel Ferrón

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain