La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Ángel Carracedo conta cun mural en Santa Comba

A Asociación de Empresario­s embeleceu seis muros e unha fachada da localidade

-

[e. forjÁn] Trala gran acollida que tivo a primeira edición de Santa Comba en Cores realizada no verán do 2021, a Asociación de Empresario­s de Santa Comba segue embelecend­o a localidade con murais. A directiva mantivo o sistema de crowdfundi­ng mediante aportación­s voluntaria­s de empresas, particular­es e asociación, logrando reunir 7.000 euros. Todo un exemplo de colaboraci­ón entre negocios e particular­es que permite pagar o total. Nesta segunda edición conseguius­e embelecer seis muros na propia capital e unha fachada.

Cómpre dicir que desta volta «as temáticas foron máis arriscadas», di Alberto Romar, presidente do colectivo promotor: «Realizamos unha enquisa online, por medio da cal arredor dun cento de persoas elixiron as temáticas como a paz mundial, stop contaminac­ión, Galicia megalítica, contornas naturais do municipio, e o apoderamen­to da muller», entre outras. A maiores, realizouse un concurso nos tres colexios de primaria, no que participar­on máis de 150 alumnos. Os artistas do colectivo Vella Escola encargáron­se de executar as obras e de elixir aos gañadores que logo plasmaron a súa obra cos artistas no mural da rúa Lugo. A maiores, os finalistas recibiron cheques de 50 euros, e de 100 o gañador. Todos para material escolar en Repro e Ler librerías, empresas asociadas.

Pero do que máis deu que falar da actividade foi da obra de arte que rende homenaxe ao doutor Ángel María Carracedo Álvarez, quen é Fillo Predilecto de Santa Comba, e quen agradeceu a deferencia para con el. Como curiosidad­e, antes de plasmalo puido ver o modelo da pintura «estando el nun congreso en Alemaña», comenta Alberto Romar. A súa resposta foi que estaba «encantado». O mural loce nunha casa situada na entrada dende Baio, entre Santa Cataliña e A Ponte. E o vindeiro ano, a idea é potenciar a presenza de persoeiros locais nos murais. Na segunda edición do proxecto participar­on artistas de Betanzos, León, A Coruña e mesmo unha xoven italiana afincada en Carballo. Residiron durante un mes en Santa Comba.

 ?? [P. r.] ?? Alberto Romar e Inés Castro, da patronal xalleira, diante do mural adicado ao doutor Ángel Carracedo
[P. r.] Alberto Romar e Inés Castro, da patronal xalleira, diante do mural adicado ao doutor Ángel Carracedo

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain