La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

A Baña recupera o seu trail e organiza un torneo de xadrez

-

[e. forján] A Concellarí­a de Promoción da Vida Activa e Deporte da Baña traballa arreo na programaci­ón de actividade­s para o vindeiro outono. Entre elas sobresae o regreso do Trail da Baña, que se desenvolve­rá o domingo 2 de outubro, e a ampliación a disciplina­s coma o tenis e o judo, dentro da oferta das escolas deportivas municipais, para as que o Concello da Baña e o de Negreira asinarán un convenio de colaboraci­ón en materia de escolas, para ceder o campo de fútbol a equipos do veciño concello barcalés.

O Trail da Baña incluirá unha distancia longa de 24 quilómetro­s, e un mini trail de dezaseis, con esta mesma distancia para a andaina e un trail para pequenos. Asemade, o 18 de setembro celébrase o primeiro Torneo de Xadrez, no polideport­ivo de San Vicenzo, a través da modalidade rápida, e valedeiro para o sexto Circuito Intercomar­cal da Deputación da Coruña, con premios en metálico. Xa de cara ao vindeiro ano, para o mes de marzo están traballand­o na oganizació­n dun duatlón solidario na localidade.

O Concello da Baña tamén vai colaborar coa SD A Baña, que competirá con equipos de benxamín, alevín e infantil, e unha vez aprobados os orzamentos municipais van a asinar os convenios coa

SD A Baña, A Baña Veteranos e A Baña Futsal. Tamén se está a mellorar o campo de fútbol de Cartas, que contará cun terceiro vestiario para que os equipos mixtos dispoñan de suficiente­s vestiarios. Habilitous­e un acceso directo dende o aparcadoir­o, pintouse e instalouse un desfibrila­dor.

César Ramos, concelleir­o de Promoción da Vida Activa e Deporte, suliña que están poñendo a funcionar o Plan de Voluntaria­do: «Queremos contar cun equipo de voluntario­s e voluntaria­s que colaboren nas actividade­s», indicou.

Incorporac­ión de baile galego

Fóra do eido deportivo, outra novidade vén dada pola reactivaci­ón da Escola de Teatro, e dentro da oferta da Escola de Música Tradiciona­l engádese o baile galego. E en breve vaise ofertar un novo curso da Escola de Música, e en setembro pensan celebrar a primeira xuntanza do Consello Político Social da Lingua, que foi aprobado coa ordenanza de impulso da lingua galega.

 ?? ??
 ?? ?? A Baña celebrará o trail o 2 de outubro, nunha programaci­ón deportiva que incorpora múltiples actividade­s
A Baña celebrará o trail o 2 de outubro, nunha programaci­ón deportiva que incorpora múltiples actividade­s

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain