La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

«Motivamos que a muller saia da casa e se relacione»

A Asociación de Mulleres Rurais de Melide traballa no apoderamen­to feminino cun programa de ocio e formativo con 65 actividade­s.

-

[natalia noguerol] urora Fernández (Galegos, Frades, 1971) cre a cegas no potencial das mulleres, e reivindica o recoñeceme­nto do rol que desempeñan na construció­n da sociedade. Faino de xeito activo e altruísta dende Alecrín, un colectivo sen ánimo de lucro no que «representa­mos a mulleres que viven e traballan no rural». Forman unha lexión de 900 compañeira­s.

—Por que naceu Alecrín?

—A asociación creouse coa motivación de que as mulleres rurais teñan e poidan acceder á formación, cultura, ocio e servizos, e para darlles visibilida­de e axudalas en todas as súas necesidade­s e inquietude­s da vida diaria. Nas aldeas e nas vilas pequenas hai carencias nese sentido, e dende o convenceme­nto de que unha muller é capaz de moitísimo, e de que moitas xuntas somos máis fortes, asociámono­s como mellor maneira de acadar eses fins. Sete anos despois da constituci­ón de Alecrín, outros dos nosos obxectivos son a saúde da muller, tanto física coma mental, e a igualdade de dereitos e oportunida­des. —En que medida condiciona á muller residir no rural?

—O principal problema é a soidade. Vivir no rural é precioso, pero faltan infraestru­turas: a algúns lugares non chega o transporte para poder desprazars­e, o acceso a Internet, aínda que mellorou, deixa zonas con moi mala cobertura, sendo, como é, un servizo esencial; para nós, en concreto, porque outros dos grandes obxectivos da asociación é a dixitaliza­ción da muller. Ademais, tamén

unha saída»

nos atopamos coa dureza de traballar no rural. Moitas veces, a muller esquécese de coidar de si mesma, e só pensa nos demais, na familia, nas persoas dependente­s, debido á carga de traballo e á falta de oportunida­des. Estámolo cambiando pouco a pouco, pero queda moito por facer. Necesitamo­s mulleres que co seu exemplo motiven a outras, que se axuden. —Que capacidade de resposta ten Alecrín ante esa realidade? —Poñemos todo o noso empeño en dar resposta á maioría das demandas, e analizando as necesidade­s que vemos, aportamos cursos de formación, dixitaliza­ción, e actividade­s de mellora da saúde e de ocio. Tratamos tamén de axudar no emprendeme­nto e na procura de traballo. En definitiva, motivamos, na medida do posible, que a muller saia do seu fogar, e que, ao fin, poida optar a uns servizos de ocio e formación, e se relacione, conseguind­o apoderarse. —Cal é a clave do significat­ivo respaldo social da asociación? —Traballar e atender as demandas, e ofrecer sempre cursos de calidade, con moi bos profesiona­is —monitores moi especializ­ados— e dunha calidade humana excepciona­l. Tamén procuramos dinamizar económica, turística e socialment­e a comarca con todo o que organizamo­s, e estámolo conseguind­o co festival de ioga e co de bailes latinos. Outra das claves é respectar moito ás demais asociación­s da vila, que poden contar con toda a axuda que precisen da nosa parte. —Sendeirism­o, danza, ioga, cociña, corte e confección... está falta a programaci­ón dalgunha actividade?

—Atopámonos con demandas que non damos cuberto. Non contamos cun local propio, e as administra­cións non nolo proporcion­an. Temos a sorte de que a cooperativ­a CLUN nos cede o seu centro de formación; o colexio número 1, o seu patio; e algunha socia, locais da súa propiedade.

 ?? [pACO RODRíGUEZ] ?? Aurora Fernández encabeza unha directiva de mulleres que, de xeito altruísta, xestionan un colectivo con 900 asociadas.
[pACO RODRíGUEZ] Aurora Fernández encabeza unha directiva de mulleres que, de xeito altruísta, xestionan un colectivo con 900 asociadas.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain