La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Volve o feirón de re-Volta o 9 de outubro a Ceilán

O Concello tamén ultima a organizaci­ón do primeiro roteiro de tapas da Baña

-

[e. forján] A carballeir­a de Ceilán acollerá o domingo 9 de outubro a terceira edición da romaría de Re-Volta, que quere recrear o ambiente das romarías de antaño, alá polos anos cincuenta do século pasado. Despois de suspenders­e a edición do ano 2019 a causa do mal tempo, e tras dous anos de parón pola pandemia da covid, o segundo domingo de outubro retómase o feirón dentro da programaci­ón do Outono Cultural deseñada dende a Concellarí­a de Cultura.

As actividade­s do feirón de Re-Volta inclúen música, coa animación de Os Gaiteiros da Baña durante toda a festa; xogos para nenos con Paporrubio, e mesmo contaconto­s ilustrados con Polo Correo do Vento, e unha sesión de regueifas a cargo de Lupe Blanco. E, por suposto, haberá mercadiño e postos de comida, comezando a festa ás once da mañá, baixo a organizaci­ón do Concello da Baña coa colaboraci­ón da Deputación Provincial da Coruña, así como da Asociación de Veciños O Outeiro.

Coma nas primeiras edicións, haberá postos de venda e exposición de produtos de época, ademais de mostras de oficios. Tampouco faltarán os postos de comida típica galega e unha exposición fotográfic­a con imaxes antigas facilitada­s pola Asociación veciñal O Outeiro, quenes dende os inicios veñen colaborand­o na cita que rememora unha das feiras de maior solera existentes nas comarcas de Barcala e Xallas como era a feira do Ceilán.

Dende a Concellarí­a de Cultura, que dirixe a concelleir­a Lorena Trillo, están inmersos en pechar a primeira edición dun roteiro de tapas polos establecem­entos hostaleiro­s do municipio, ao longo das dúas primeiras fins de semana de novembro. «Primarase a utilizació­n de produtos típicos do outono», comenta Lorena, quen destaca a forte aposta en canto a actividade­s do Outono Cultural, que comprender­á unha programaci­ón para os vindeiros meses, a cal irá desenvolvé­ndose ata decembro.

 ?? ?? A última romaría de Re-Volta foi no 2018, xa que o mal tempo do 2019 e despois a covid obrigaron a suspendela.
A última romaría de Re-Volta foi no 2018, xa que o mal tempo do 2019 e despois a covid obrigaron a suspendela.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain