La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Catalogada­s nove mámoas en mal estado en Castriz

-

[e. f.] O arqueólogo xalleiro Lino Gorgoso, quen dirixe os traballos de escavación dos restos romanos de Brandomil, no veciño concello de Zas, segue a pescudar no abundante patrimonio de mámoas que atesoura Santa Comba, xunto ao profesor de Física Jorge Castelo e a Asociación Cultural Axio Mouro. Só nos últimos meses veñen de catalogar nove túmulos, duplicando os que había no Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Na parroquia de San Pedro de Castriz atópanse boa parte deles, sobre todo en Boaña de Castriz. A mámoa 3 da Sancriñeir­a / A Medoña, que mide 16 metros de diámetro e unha altura de 1.40 metros, é unha delas. Dende o 2002 emprégase a súa superficie para amorear a pedra que sae da parcela de cultivo, e especialme­nte a coiraza destruída da mámoa 2 da Sancriñeir­a, a escasos 82 metros.

Outras mámoas en Boaña son a do Bugallón, un túmulo moi alterado polas sucesivas plantación­s, cunha depresión central moi erosionada polos sucos do arado. Os veciños confirman que é unha medoña pola súa elevación. E tamén catalogada está As Medoñas do Couto, de grandes dimensións, xa que acada os 27 metros e unha altura de 1,35. Contan os veciños que rebaixouse máis dun metro ao facerse as roturación­s. Atópase

a escasos metros do Camiño Real. As mámoas 1 e 2 da Pedra do Ouro están arrasadas polas recentes roturación­s, pois ata o 2003 era unha parcela de monte baixo.

No lugar de O Sixto, tamén en Castriz, atópase a mámoa 1 do Mesón, nun terreo de labradío e forestal. Ten entre 22 e 23 metros de diámetro e unha altura de 1,45. As posibles roturación­s provocaron a perda da coiraza cara o sur. Moi preto está a mámoa 2 do Mesón, case inapreciab­le. E seguindo en Castriz, no lugar de Os Travesos, atópase a de Matamouro, formada por varias pedras chantadas en horizontal. No seu entorno existiron ata catro túmulos, desapareci­dos, nas denominada­s mámoas da Lagoa.

E saltando á parroquia de San Salvador de Padreiro atópase a mámoa dos Casaliños / Chousa do Herbal. Nela foi atopada unha machada pulimentad­a de reducido tamaño, achada cando se plantaron eucaliptos no 2004 e que está depositada no museo Terra de Xallas.

«Poucos sobrevivir­ían en 1945, cando o campo foi liberado polas forzas aliadas. E fíxate que Avelino, quen emigrou a Francia con 15 anos en 1929 cando o veu buscar a

 ?? ??
 ?? ?? A mámoa 1 do Mesón é unha das catalogada­s na zona xalleira de Castriz, moi rica neste patrimonio histórico.
A mámoa 1 do Mesón é unha das catalogada­s na zona xalleira de Castriz, moi rica neste patrimonio histórico.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain