La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Firme aposta pola vida activa e o deporte en A Baña

A matrícula nas distintas disciplina­s das escolas municipais creceu en 51 persoas

-

[E. FORJÁN] A práctica deportiva sufriu unha profunda transforma­ción no que levamos de 2022 en A Baña. Ao incremento na oferta de disciplina­s que ofrecen as escolas municipais, hai que sumarlle novos eventos que promoven a práctica do exercicio físico e a vida saudable nun municipio de menos de catro mil habitantes, onde é un feito destacable que cheguen a 125 prazas nas súas escolas municipais, un incremento que dende a Concellarí­a de Promoción da Vida Activa e Deporte, cualifican de «espectacul­ar» por canto o pasado curso foran 74 as persoas inscritas. Os maiores incremento­s de participac­ión son en pilates, que pasou de 12 a 20 participan­tes, ou karate, de sete a once. E cómpre salientar a de baile moderno, con trece usuarios cando o ano pasado non se chegou a impartir por falta dun número mínimo.

Por primeira vez ofrécense modalidade­s como judo, que ten oito anotacións, e tenis, que se oferta de xeito gratuíto grazas ao plan Correspons­ables da Xunta (19). E a nova oferta inclúe balonmán, en colaboraci­ón co Club BM Xallas, con clases todos os luns de 17.30 a 18.30, sen custe algún ata xaneiro.

Cando á ducia de actividade­s xestionada­s directamen­te dende o Concello —fútbol sala, baile moderno, judo, balonmán, pilates, expresión corporal para menores e adultos, karate, tenis, tenis de mesa, patinaxe artística e xadrez en liña—, a oferta deportiva complétase con zumba, que conta cunha grande aceptación (unha vintena), que imparte en Lañas a

empresa El Juguetón, a través dun convenio de colaboraci­ón.

O Concello asinou outro convenio de colaboraci­ón para que o Club Baloncesto Brión poida adestrar no pavillón de San Vicenzo, o que permitirá promociona­r este deporte na Baña. Ademáis, o vindeiro 1 de decembro terá lugar na Baña a proba comarcal de campo a través do programa Xogade,

e o 26 de marzo, o primeiro duatlón solidario, que será clasificat­orio para o Campionato Galego. O Concello tamén fortaleceu a súa colaboraci­ón cos clubs locais. En canto á mellora de instalació­ns, o Concello debe ter rematadas antes de finais de ano as dúas pistas de pádel cubertas coas que vai transforma­r o pavillón de Lañas, cun custo de 48.000 euros.

 ?? ?? Eventos deportivos como o recentemen­te celebrado Trail da Baña gañan aceptación entre os veciños.
Eventos deportivos como o recentemen­te celebrado Trail da Baña gañan aceptación entre os veciños.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain