La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

A pandeirete­ira de Castriz lembra o traballo na mina

-

[e. forján] María Mourelle Martínez vive en Boaña de Arriba, parroquia de Castriz, e naceu en Grixoa de Esternande. Tiña tan só dez anos e xa traballaba «ao xornal» na mina de Varilongo, xusto antes de ir para o lavadoiro grande. Botou alí ata que casou aos dezanove anos e se trasladou a vivir co seu home a Boaña de Arriba. Na actualidad­e ten 88 anos, «cumprirei 89 o 13 de xaneiro», afirma, e vive co seu fillo José Luis e a súa nora, Elena.

Pasou anos moi duros na mina, sobre todo, rememora, os primeiros: «Tiña que picar e cargar nas vagonetas, ata que pasei para o lavadoiro e cambioume a vida. Tamén había quen sacaba o mineral agochado e mandábanno­s rexistrar a outras mulleres cando saían. Eu negueime porque sabía que o agochaban e, como íamos xuntas para a casa non as ía descubrir que eramos veciñas», afirma María, e apunta que en San Salvador había un home que compraba o volframio polas portas.

Hai un instrument­o que acompañoun­a desde nena ata a actualidad­e: a pandeireta. «Empecei a tocala cunha patroa en Grixoa, que polo menos levábame máis de dez anos. Os mozos entraban no baile e nós a tocar, porque a min ninguén me ensinou, sexa ben ou sexa mal, aprendín a tocar con ela e bailaba todo Cristo. Despois había un primo que tocaba a gaita galega e dicíame, "ven miña prima" e tocaba con el. E pasábamolo ben», lembra María.

As cancións di que cada un tocaba a que sabía «ou as que quería», se ben afirma que «aprendíase estando todos xuntos, por exemplo collendo no trigo». Tamén rememora cando saían da mina cantando «e a xente parábase a vernos cantar e tocar a pandeireta, ou cando iamos á feira da Agolada, ou mesmo cando había bailes en Grixoa e xuntabamon­os as mozas».

É martes, e é a tarde en que María vai ás clases de pandeireta a Sabaceda. Di que fóra de días contados como na foliada que os da asociación Axio Mouro celebraron na praia fluvial de Esmorode, ou na actuación de Xabier Díaz na Muuuita Festa, onde se xuntou a tocar con Concepción, de San Salvador, e o propio Xabier quedou prendado coas dúas, poucas máis veces soe tocar. Aínda así, María móstrase moi feliz de que un bisneto seu, Suso, con 11 anos, sexa quen de seguir a tradición tocando a pandeireta.

 ?? [FORXÁN] ?? María Mourelle toca a pandeireta co seu bisneto Suso, aínda que a el «non lle gusta botar a cantareira»
[FORXÁN] María Mourelle toca a pandeireta co seu bisneto Suso, aínda que a el «non lle gusta botar a cantareira»

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain