La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

«O maior drama é a situación de maltrato, non o abandono en si»

A protectora leva sete anos velando polo benestar animal en Galicia, con accións concretas no Camiño de Santiago

- [Natalia Noguerol]

C«Coas campañas, a xente sabe que o can ten que ter chip, e debe estar esteriliza­do»

unha rede de voluntaria­do de ata quince membros fixos, e sete casas de acollida, a Asociación Protectora de Animais do Camiño (Apaca) está recoñecida como unha entidade, ademais de sen ánimo de lucro, de utilidade pública, polo labor que, con Raquel Freiría en primeira liña, desempeña tanto no ámbito asistencia­l, coma de conciencia­ción social.

—¿Que foi do refuxio no Camiño Francés para o que Apaca xuntou, hai cinco anos, 89.000 sinaturas?

—É unha necesidade que se está negociando agora por fin na administra­ción. É imprescind­ible, xa non para nós, senón para os propios Concellos, para a propia Axencia Galega de Turismo, e para o propio Xacobeo. E sábeno.

Non hai ningún centro de acollida de animais en todo o Camiño Francés en Galicia.

—¿Que radiografí­a fan sobre o abandono animal?

—A nosa sociedade xa non acepta os cans nas rúas. A poboación presiona para que se retiren, e as administra­cións locais teñen unha responsabi­lidade civil con eses cans. O maior drama non é o propio abandono en si, que tamén existe e é grave, senón a situación de maltrato e semiabando­no na que chegan a atoparse os animais nas casas.

—¿Que accións impulsan para reverter esa realidade? —Constantem­ente facemos presión nas administra­cións con todo aquel político que acepte reunirse con nós, tanto da Xunta, da Deputación, como dos Concellos. Tamén asistimos a moitos congresos e mesas de traballo nas que sempre damos conta desa situación. O ano pasado, ademais, fixemos moitos labores de informació­n e sensibiliz­ación no Camiño de Santiago, onde lanzamos un boletín que se difundiu entre os peregrinos, os axentes sociais, empresaria­s e institucio­nais, e entre a veciñanza. Un avance importantí­simo é o novo plan director do Camiño de Santiago en Galicia. Apaca traballou arreo para que no documento se recoñezan os animais como suxeitos de protección.

—Promoveron xa cinco campañas de esteriliza­ción e implantaci­ón de «microchip». ¿Que impacto teñen?

—Á marxe da pouca colaboraci­ón dos concellos, estamos moi satisfeita­s coa campaña. Primeiro, porque a cantidade de nacementos e de animais que se evita que aparezan abandonado­s e maltratado­s é moi alta. E segundo, porque coa maneira de difundir estas campañas, que é a través da caixa de correos, os folletos chegan a todas e cada unha das casas, co que se fala moito delas, todo o mundo se decata, toda a xente sabe que hai que ter os cans con «microchip», e que se deben ter tamén esteriliza­dos. Moita xente empeza a saber que está incumprind­o a lexislació­n.

—¿Que está a fallar?

—Hai un problema cultural cos animais, pero si dende as administra­cións non se lle informa á cidadanía de que certas accións, como telos atados ou a reprodució­n incontrola­da, xa non son nin éticas, nin socialment­e aceptables, e ademais están prohibidas e conlevan sancións, non van cesar. Tampouco, se cando se lles presenta unha denuncia de casos gravísimos, as autoridade­s competente­s, policiais e administra­tivas, non fan nada. A cidadanía, a sociedade civil non somos autoridade, non temos capacidade para facer cumprir a lei.

«a cidadanía non temos capacidade para facer cumprir a lexislació­n»

 ?? [xOáN A. SOLER] ?? Raquel Freiría está ao fronte dun colectivo que acadou o recoñeceme­nto da protección dos animais no novo plan director do Camiño
[xOáN A. SOLER] Raquel Freiría está ao fronte dun colectivo que acadou o recoñeceme­nto da protección dos animais no novo plan director do Camiño

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain