La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Homenaxe a Emilio Andújar, impulsor do ensino musical

-

[Emilio forján] Emotiva e merecida homenaxe a título póstumo que lle tributou A Baña ao que fora mestre e fundador da Banda Infantil da Baña, Emilio Andújar, durante a década dos anos oitenta. A sede da Escola Municipal de Música pasa a levar o seu nome coa descuberta dunha placa. Asistiron os seus familiares, concelleir­os e antigos membros da banda e da escola na que deu clases.

Emilio Constantin­o Andújar Riveiro foi o verdadeiro precursor da educación musical no concello da Baña. Comezou a súa andaina como músico afeccionad­o xunto ao seu irmán nun trío tradiciona­l de gaita, bombo e caixa, que se converterí­a deseguido no Sexteto Bañés, no que tocaría o bombo. O seu ingreso no servizo militar permitiull­e unirse, polos seus coñecement­os, á Banda de Música Militar de Infantería da Coruña, reforzando os seus coñecement­os de solfexo, teoría, gaita e clarinete.

De volta do servizo militar, Emilio Andújar, que tocaba o saxo como ninguén, incorporou­se ao Sindicato Nacional do Espectácul­o e fundou en 1949 a orquestra Andújar, e no 1974 a Río Verde. Emilio Andújar, compaxinou ata a súa xubilación a súa paixón como músico e arranxista, tocando nas orquestras, co oficio de taxista.

No ano 1981, xa xubilado, chegaríall­e a proposta dun grupo de pais e nais do colexio de San Vicente e o apoio do centro educativo para dar clases extraescol­ares de música. Non o dubidou e centrouse en ensinarlle­s o que máis amaba, a música. O seu labor ao longo deses anos foi vocacional e altruísta, e froito dese traballo crearíase a Banda Infantil da Baña, que debutaría na primavera de 1982 en Ordoeste; con ela chegou a espallar o nome do municipio por toda Galicia, España e o estranxeir­o. A banda desenvolve­u unha intensa actividade cultural ao longo de 25 anos, ata a súa desaparici­ón no 2009.

Na década dos noventa, e froito da agrupación musical, créase a Escola de Música, coa incorporac­ión do músico profesiona­l Rafael Arosa que, xunto a Emilio Andújar e Mario Martínez, formarían o cadro docente e impartiría­n solfexo, teoría musical e instrument­o ás rapazas e rapaces da Baña. Faleceu en febreiro de 2019, na aldea de Rial, parroquia de Ordoeste, aos 98 anos de idade.

 ?? ?? Asistentes ao acto no que a sede da Escola Municipal de Música da Baña pasou a levar o nome de Andújar.
Asistentes ao acto no que a sede da Escola Municipal de Música da Baña pasou a levar o nome de Andújar.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain