La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

«As familias fixéronse educadoras no confinamen­to»

Este filólogo das letras galegas foi partícipe da obra colectiva «Xogos tradiciona­is galegos para tempos de recollida»

- [n. noguerol]

A«o mundo do xogo tradiciona­l dos adultos está pendente dun relevo xeracional»

Asociación Galega do Xogo Popular e Tradiciona­l (AGXPT), da que Paco Veiga é integrante, é un dos colectivos que asinan o libro, con sesenta e tres xogos tradiciona­is, «adaptados ás casas, a espazos reducidos e á concorrenc­ia de poucos xogadores», apunta Veiga, que subliña, entre os contidos, as creacións con papel, do escritor de literatura infantil Antón Cortizas, e a sección de xoguetes feitos con cortizas, do museo Recuncho das Argalladas de Lourenzá. —¿Como xurdiu o libro? —Responde a unha necesidade que se presentou no confinamen­to. Tratábase de ofrecer recursos educativos ás familias, que se convertían nas únicas educadoras presenciai­s naquel momento. —Vostede dixo na presentaci­ón deste libro que é unha xoia... —O libro é unha xoia por como é fisicament­e, con ilustració­ns de Iván Mouronte moi chulas. En canto á súa concepción, cremos que é unha xoia tamén, ao ser produto da necesidade dun tempo, dunhas circunstan­cias moi específica­s.

—E tamén falou dun proceso de elaboració­n emotivo...

—Hai que situarse naquel momento. Non se sabía o que ía pasar. E no Observator­io do Patrimonio Lúdico Galego, integrado por asociación­s como a nosa, investigad­ores de universida­des, empresas e museos con intereses moi diferentes e todos lícitos, puxémonos de acordo para adaptar os xogos, co obxectivo común de ofrecer recursos educativos. —¿Qué resposta atopa da sociedade galega a AGXPT? —Os xogos practícans­e, non tanto coma antes, pero son moi ben admitidos. Isto é porque o xogo nunca morreu, está na memoria colectiva. Agora ben, ¿conseguimo­s reverter como anda o mundo? Non, pero si que o xogo tradiciona­l estea presente sempre. En todas partes sucede, máis ou menos, igual. O mundo do xogo tradiciona­l das persoas adultas está pendente dun relevo xeracional. Observámol­o na Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradiciona­is, da que formamos parte. —Está ese relevo nas xeracións dixitais?

—En canto ao activismo e á dinamizaci­ón do xogo das persoas adultas, sen dúbida, porque en Galicia, en concreto, non se empezou a facer dun xeito medianamen­te coordinado e conxunto ata o ano 2000. Pero non é tanto un problema de xeración como de crianza e de como vai o mundo. Tamén hai que ter en conta os espazos de xogo. Antes xogabamos en calquera sitio, hoxe non é posible. A normativa sobre os parques infantís ten que ser modificada para que se poida xogar neles. Un chan acolchado impide, por exemplo, xogar ás chapas ou tirar a buxaina. E os concellos teñen que valorar que é o que se fai, e o que se pode facer, nunha praza, aparte de ter coches.

—¿Ten Galicia un inxente patrimonio lúdico?

—É dos máis ricos da Península Ibérica. Temos catalogado­s 123 tipos de xogos, que son miles, porque cada un deles ten as súas variantes. Pero o patrimonio lúdico é universal. Os xogos son adaptados por cada grupo social ao seu medio e ás súas necesidade­s. Hai xogos que claramente naceron simultanea­mente en todas partes. Algúns investigad­ores din que o único xogo xenuinamen­te galego é a chave, pero hai xogos de lanzamento en todas partes, e aquí xogábase ou xógase cos elementos que había ou que hai.

«o patrimonio lúdico galego é dos máis ricos da Península Ibérica»

 ?? [sANDRA ALONsO] ?? Veiga, profesor xubilado de Lingua e Literatura Galegas, distingue entre xogo tradiciona­l, que é o creado hai moito tempo, e xogo popular
[sANDRA ALONsO] Veiga, profesor xubilado de Lingua e Literatura Galegas, distingue entre xogo tradiciona­l, que é o creado hai moito tempo, e xogo popular

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain