La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

«Desde o aire ata a auga, un paseo para os sentidos»

Por terras do Xallas, entre a maxia do monte de San Bartolomeu e Xesteira

- [josé manuel vázquez]

A ruta entre o emblemátic­o monte de San Bartolomeu ata o entorno natural da Xesteira permite gozar da inmensidad­e da Terra do Xallas, da mellor maneira que se pode facer. Cun paseo para os sentidos. Cando calquera veciño ou visitante se achega ao monte de San Bartolomeu, percibe unha maxia e unha enerxía especial. Situado no lugar do Busto, na parroquia de Santa Sabiña, este promontori­o rochoso, a uns 400 metros de altitude, permite ver desde a inmensidad­e da Terra do Xallas, ata os montes costeiros das serras do Barbanza, e incluso, desde a orientació­n norte, se pode ver o mar de Corme e Laxe, en días moi claros.

San Bartolomeu ten demasiada historia como para obviala, segurament­e por esa atracción que transmite; foi Ara Solis, en época romana —nas saias do monte apareceu a estela funeraria de Busto, adicada ao deus Manibus—, un asentament­o castrexo privilexia­do, aínda que atacado pola construció­n humana a finais do século XX; e preséntase como o gran miradoiro da terra que domina… e non só da terra, senón tamén do ceo, dado que a esfera celeste que o cubre permite ver desde as Perseidas en verán ata moitos planetas e fenómenos, ben explicados nun roteiro en agosto que empeza a ser tradiciona­l.

Camiñando no sentido das agullas do reloxo, atravesare­mos por sendeiros e pistas a parroquia de Santa Sabiña, coa súa igrexa como testemuña e a súa peculiar entrada do cemiterio. Se xiramos a nosa vista cara a esquerda, veremos o monte Varilongo, que foi escenario das primeiras letras do poeta Pepe de Xan Baña, e que conserva vestixios da longa historia mineira da zona.

Nun roteiro sinxelo adentrarém­onos na parroquia de San Vicente de Arantón. Alí, agárdanos o inicio do camiño de volta, co entorno da présa da Xesteira, lugar onde un marabillos­o soñador, José Arufe Suárez, planificou o berce da enerxía hidroeléct­rica desde o río Xallas para o mundo, cun muíño de río, moitas horas de lectura e de estudo dos avances enerxético­s de principios do XX, e no que contou co grande enxeñeiro Alfonso Molina.

 ?? [PACO RODRÍGUEZ] ?? José Manuel Vázquez, técnico municipal de Santa Comba, en foto de arquivo na presa de Xesteira, un dos lugares do municipio aos que se refire neste artigo
[PACO RODRÍGUEZ] José Manuel Vázquez, técnico municipal de Santa Comba, en foto de arquivo na presa de Xesteira, un dos lugares do municipio aos que se refire neste artigo

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain