La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Propostas para toda a familia no comezo do verán na Baña

-

[e. forján] A Baña perfila aínda algunhas das actividade­s do recentemen­te iniciado verán despois de que esta semana abrise a tempada estival da piscina municipal de Agra de Chans, que prolongara­se ata o 15 de setembro. Ata o sábado 1 de xullo, o acceso será gratuíto. Ata o 31 de agosto, e de luns a venres, a piscina abrirá de 10.00 a 14.00 horas polas mañás e de 15.00 a 21.00 horas polas tardes. Nas fins de semana, retrasaras­e a apertura ata ás 12.00 horas e, a partir de setembro, a instalació­n pechará ás 20.30 horas. A entrada será gratuíta para os menores de 14 anos, mentres que o público en xeral pagará dous euros por acceder ao recinto. Tamén haberá abonos mensuais, que custarán 25 euros de xeito individual e 45 euros para as familias. Para dúas semanas, o prezo por persoa será de 15 euros.

Outra das actividade­s ofertadas é «Cóntame un conto», un programa coas seguintes propostas: contaconto­s e recolleita da rapazada, na Axencia de Lectura, o pasado 26 de xuño cando a un obradoiro para familias, ese mesmo día na piscina. E o venres 30 haberá un encontro interxerac­ional, na mesma Axencia de Lectura, a partir das once da mañá.

Para o venres 30 de xuño está programada a Festa Pirata que organiza a asociación de familias do CPI San Vicente, a modo de despedida do curso, no pavillón municipal. Trátase dun festa de disfraces de temática pirata, a partir das catro e media da tarde, cun inchable de barco pirata, obradoiro de tatuaxes, festa da espuma e unha cantina infantil.

Ao día seguinte, o sábado 1 de xullo terá lugar o Encontro de Familias, na área recreativa Agra de Chans, nunha actividade conxunta con Negreira. Será a partir das cinco e media da tarde coa actuación de A Banda do Verán e os xogos do Paporrubio.

A finais do mes de xullo sucederans­e varias citas de interese para todas as idades, que se celebrarán todas elas ao aire libre: cine, o día 28 ás dez da noite, na praza do Concello; a Peque Disco MocMoc, ao mediodía do 31 de xullo, na área recreativa Agra de Chans; e, por último, a actuación de Conto me Río, ás doce da mañá o mesmo 31 de xullo para pechar o curso no Punto de Atención á Infancia, en Monte.

 ?? ?? A piscina municipal estival de Agra de Chans centra boa parte da actividade de ocio promovida polo Concello.
A piscina municipal estival de Agra de Chans centra boa parte da actividade de ocio promovida polo Concello.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain