La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

El Combo e París de Noia son os pratos fortes por San Pedro

A capital do Xallas celebra catro intensos días de festas patronais que teñen a súa culminació­n esta fin de semana

-

A localidade de Santa Comba honra ao seu patrón San Pedro con catro días consecutiv­os de festexos que teñen a súa culminació­n na fin de semana. Será entón cando cheguen dúas das formacións máis exitosas de Galicia: El Combo Dominicano, o venres 30 de xuño, e París de Noia, o sábado día 1 de xullo. Con dous días festivos consecutiv­os, o xoves 29 coa festividad­e de San Pedro e mailo venres 30, a comisión de festas apostou un ano máis por un ambicioso programa de catro días que veu precedido da celebració­n de San Xoán, cunha gran sardiñada e queimada popular, a noite do 23 a ritmo da disco móbil CDC.

O pistoletaz­o de saída veu da man da pregoeira, a arquitecta e popular presentado­ra do programa televisivo «Galicia bonita», Rosa María Facal Varela, cando ao concerto do grupo As Fillas de Cassandra, a maila verbena coa orquestra Gran Parada e Dj Rokiño. Un pistoletaz­o de saída por todo o alto, nas vésperas do día grande, o xoves 29, que está marcado polos pasacalles da agrupación de gaiteiros Axio Mouro, a misa ao patrón e unha sesión vermú coa orquestra Ritmo Joven. Pola noite repite esta formación acompañand­o ao grupo

Bomba, na segunda das catro verbenas preparadas pola comisión de festas.

O primeiro dos pratos fortes de San Pedro 2023 é a presenza en Santa Comba da orquestra El Combo Dominicano. A formación canaria é a única que repite con respecto á última edición das festas patronais da capital do Xallas. Estará acompañada pola disco móbil Mega CDC e durante a mañá haberá a sesión vermú co trío Alborada, mentres que ás sete e media o mago Teto ofrecerá unha actuación de maxia no campo da feira. Este terceiro día de festexos está dedicado a San Antonio.

E como colofón, a capital do

Xallas despide as patronais de San Pedro coincidind­o coa feira tradiciona­l e cunha das formacións máis seguidas: París de Noia, que volve a Santa Comba co seu novo espectácul­o, «La gira de la ilusión». O sábado estará dedicado á Virxe do Carme, e inclúe pasacalles amenizados pola charanga NBA, que tamén protagoniz­a a sesión vermú coa orquestra Escaparate, así como un pasabares desde as cinco da tarde.

A fin de festa de Santa Comba promete alongarse ata altas horas da madrugada e pór a proba á veciñanza máis festeira coa tripla: a orquestra Escaparate, a mencionada París de Noia e a disco móbil CDC.

 ?? [m. miseR, s. ALONsO] ?? A orquestra El Combo Dominicano é a única que repite nesta edición das festas xalleiras
[m. miseR, s. ALONsO] A orquestra El Combo Dominicano é a única que repite nesta edición das festas xalleiras
 ?? ?? As Fillas de Cassandra, na súa recente actuación en O Son do Camiño.
As Fillas de Cassandra, na súa recente actuación en O Son do Camiño.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain