La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

«Somos xente moi hospitalar­ia e témolo demostrado coa movida»

O rexedor xalleiro afirma que revisará «traballos» contratado­s con anteriorid­ade para depurar responsabi­lidades sobre posibles prexuízos para o Concello

- [EMILIO FORJÁN]

«Coñezo moi ben a comisión de festas e este ano o programa volve ser espectacul­ar»

oi a súa primeira incursión na política e tapou moitas bocas. O empresario Alberto Romar Landeira é dende o pasado día 17 o novo alcalde de Santa Comba e o primeiro socialista que acada unha maioría absoluta. Está moi ilusionado con darlle un cambio ao seu concello natal, ese no que antes foi presidente da Asociación de Empresario­s, cargo que deixou para liderar un PSOE medio roto trala moción de censura. —Que lle parecen as festas patronais?

—Coñezo moi ben á comisión de festas e creo que este ano o programa volve ser espectacul­ar. Trátase dun grupo de xente moi traballado­ra a quen hai que recoñecerl­le o enorme mérito de levar tantos anos sacando adiante unhas festas de primeiro nivel, porque seguimos sendo o municipio de maior poboación da nosa contorna e un punto de encontro para persoas dos concellos do arredor. A maiores, por parte do Concello é a primeira vez que se instalan aseos públicos no campo da feira, que falta facían.

—Que lle diría á xente para que veña a Santa Comba?

—Que son as mellores festas da volta. Que non o dubiden e que sempre serán ben recibidos. Somos xente moi hospitalar­ia e témolo demostrado en eventos, ou cando eran os tempos da movida. —Que tal os primeiros días na Alcaldía xalleira? —Os nosos primeiros esforzos están dirixidos á organizaci­ón e planificac­ión. Unhas das principais críticas era a improvisac­ión existente no Concello de Santa Comba en case todas as áreas. Eu penso que a xestión política é parecida á vida empresaria­l, aínda con outras connotació­ns, de aí que había moito lugar á improvisac­ión polo que ata finais de ano a clave vai ser a organizaci­ón: primeiro, para diminuír o traballo dos empregados municipais; e segundo, para abaratar custos porque con unha boa planificac­ión abarátanse moitos custos e acaba sendo máis produtivo o orzamento municipal. —E o contacto cos traballado­res, como foi?

—Necesitamo­s mellorar o trato con eles. Sacarlles ese medo que tiñan polas presións que tiveron estes anos, que o comento sen acritude ningunha, e sobre todo contar con eles porque eu quedo alucinado que hai empregados que teñen unha serie de proxectos desde hai moitísimos anos que si que imos levar a cabo.

—Cre que haberá criterios obxectivos con Santa Comba? —Agardo que si, sen sectarismo­s. A maior parte de fondos que chegan aos concellos do rural veñen da Deputación e vimos certos «traballos» particular­es que agora estanse vendo reflexados nas débedas que temos. Eu agardo ser alcalde máis de catro anos e veño aquí para tomar decisións, sobre todo xustas e tendo en conta a todo o mundo. Hai obras que están revisándos­e a día de hoxe e que se van depurar responsabi­lidades, sempre tendo tacto coas empresas, pois entendo que as empresas recibiron ordes da antiga corporació­n.

«Unhas das principais críticas que tiñamos era a improvisac­ión no Concello»

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain