La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

«Imos sacar adiante uns orzamentos valentes»

-

O novo alcalde de Santa Comba, afirma, respecto á débeda municipal, que «somos consciente­s de que o primeiro ano non imos poder facer moitas cousas porque o Concello ten unha gran débeda. Quero recordar que os malos tragos que lle fixeron pasar ao antigo alcalde relativos ao uso do remanente de tesouraría. E agora encontrámo­nos nunha situación parecida ou peor, e si que imos tomar medidas sempre asesorados por xente experta de cada campo, pero nunca imos cruzar as liñas que se cruzaron hai exactament­e dous anos, porque a unha persoa cando o está a pasar mal non se lle pode pisar a cabeza. Cada quen terá que dirimir as responsabi­lidades correspond­entes a súa xestión, pero sempre cun ton educado e sen pasar por enriba de ninguén. —Haberá novos orzamentos? —Confiamos que en xaneiro imos sacar adiante uns orzamentos valentes e atrevidos, e que van dar prioridade aos servizos sociais. Tamén queremos modernizar o Concello de Santa Comba. Non pode ser que tres núcleos de poboación estean varios días sen alumeado público. Hai que modernizar o sistema de comunicaci­ón e tamén visibiliza­r a figura dos concelleir­os e concelleir­as, pois é algo que notei desde fóra da política, que desde o ano 2007, cando empezou a sangría das mocións de censura, non son visibles as figuras dos concelleir­os. Non vale de nada cobrar e que as decisións as tome unha soa persoa.

—É curioso que sacando unha maioría absoluta histórica e con maior apoio popular, non se posicione para ser deputado provincial...

—Somos consciente­s do logro conseguido, pero tamén de que acabamos de aterrar na política e a nosa prioridade e compromiso, é sacar a Santa Comba da actual depresión na que está. Non quero parecer pretencios­o ou incluso unha persoa egoísta, pero sei que son un perfil que non hai dentro do Partido Socialista e sei que vanse fixar en min, pero non é o momento de dar o paso, porque queda moito traballo por facer.

 ?? [SANDRA ALONSO] ?? Alberto Romar é o primeiro alcalde socialista de Santa Comba con maioría absoluta
[SANDRA ALONSO] Alberto Romar é o primeiro alcalde socialista de Santa Comba con maioría absoluta

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain