La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

«O meu traballo paréceme o máis bonito do mundo»

No seu traballo de arquitecta, Pilar Facal proxecta vivienda, sobre todo unifamilia­r, en toda a zona de Santiago e presenta o programa da TVG contra o feísmo, «Galicia bonita»

- [EmILIO FORJáN]

«Durante a carreira sempre fun Rosa, a chica de Santa Comba que fala galego»

«Estaba bastante asentada, pero o programa deume recoñeceme­nto a maiores»

CRosa Facal é arquitecta e presentado­ra do programa «Galicia bonita», da Televisión de Galicia, que vai xa pola súa quinta temporada. Ten o seu propio estudo de arquitectu­ra na súa Santa Comba natal, desde onde fala do ilusionada que está con ser a escollida este ano para ser a pregoeira das festas de San Pedro. Xa lle tocaba.

—Como lle colleu ser pregoeira no seu pobo?

—Con sorpresa, pero recoñezo que xa había moita xente que mo levaba dicindo un par de anos por aquilo de que saes na televisión, pero cando mo dixeron foi unha sorpresa e con moitísimo orgullo. —Supoño que sempre di que é de Santa Comba e a moito orgullo.

—Eu sempre. Date conta de que eu marchei en 1998 a estudar arquitectu­ra para A Coruña e non é como ir agora, e xa cando estaba na universida­de, a miña carreira era de xente digamos que máis elitista, como fillos de arquitecto­s e de cidade, non de pobo pequeno, e eu sempre ía coa miña bandeira de Santa Comba e sempre fun: Rosa, a chica de Santa Comba que fala galego; imaxínate ti na Coruña.

—Que recordos ten, sendo máis nova, das festas de San Pedro? —Eu nacín en Rebordelos, que pertence á parroquia de Cícere, onde tamén celébrase San Pedro, pero nós viñamos sempre ao pobo porque na nosa parroquia non había orquestra porque sempre a había aquí. Viñas á sesión vermú e logo ías á casa, onde tiñas sesenta persoas a comer, unha familia enorme, e á noite volviamos á verbena.

—Falemos da súa profesión. Que lle levou a ser arquitecta? —Foi totalmente vocacional. Eu xa en segundo de bacharelat­o sabía que quería facer arquitectu­ra. Sempre me chamou moito a atención, pensar en como eran as casas: onde ía a cociña, os dormitorio­s, o deseño… Logo gustábame debuxar, dábaseme ben e entón non o dubidei en facer unha

carreira dura; tampouco nunca pensei en abandonar, pero é verdade que se fai costa arriba para todos. E cando acabei, igual que hai xente que se decepciona coa vida laboral, para min o contrario. Eu son feliz e non quero facer outra cousa, porque paréceme que o meu traballo é o máis bonito do mundo.

—E «Galicia bonita». Cantos programas leva feitos? —Levamos cinco temporadas e 43 obras, porque de cada unha sacas un programa que é feito en cinco días. É un programa complicado e non podemos facer quendas tan seguidas como nos gustaría. —Contribúen decisivame­nte a darlle visibilida­de á loita por rematar co feísmo?

—Si, de feito foi o motivo que me levou a embarcarme nesta aventura, porque cando se puxeron en contacto comigo foi explicándo­me esa idea. Un programa de obra que serve para ensinar e ao mesmo tempo entretido para que chegue ao público. Pareceume unha idea marabillos­a, sobre todo vivindo no rural, onde ves moito feísmo.

—E conséguese reducilo, ou xurde iso de que sempre foi así? —Eu creo que si conseguímo­lo, como cando eu lle boto un pouco o rapapolvo ao señor da casa que non o ten ben. Iso á xente na súa casa faille pensar porque eles téñeno igual ou peor. Leva a un exercicio de pensar, pois igual ten razón Rosa de que non está ben. E a outra idea do programa é "merca un bote de pintura e pódelo pintar ti, porque é mellor que estea pintado e non co bloque á vista".

—E nin tan mal de audiencia? —Pasamos por todo. Empezamos como un programa revelación con 15 por cento de audiencia. Despois, tivemos a segunda temporada un pouco máis baixa e despois volvemos a remontar, porque tamén depende un pouco do día en que vaias, o horario… e o actual volve a ser top.

—Xúrdelle máis traballo agora no seu estudo?

—Eu xa estaba bastante asentada, traballand­o en vivenda unifamilia­r, en Santa Comba, Negreira, A Baña, Santiago, Teo, Ames ou Brión, pero o programa creo que me deu un plus, un recoñeceme­nto a maiores, e si que se notou. Tamén é verdade que o sector da vivenda mellorou, que hai máis traballo, porque eu abrín o meu estudo en plena crise, no 2009, e agora somos cinco persoas traballand­o.

 ?? [P. RODRíGUEZ] ?? Rosa Facal, no seu estudio de arquitectu­ra en Santa Comba
[P. RODRíGUEZ] Rosa Facal, no seu estudio de arquitectu­ra en Santa Comba

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain