La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Igrexas históricas en tódalas parroquias, agás na capital

Santa Comba tiña unha igrexa en pleno centro urbano, que se derrubou cando se construíu a actual, a principios dos 60

- [josé maría sUárEZ]

Case tódalas parroquias de Santa Comba teñen igrexas dun gran valor histórico-artístico que son o orgullo das súas xentes, a excepción da parroquia de Santa Comba, que contaba cunha histórica igrexa en pleno centro do casco urbano municipal, ó lado do Pazo de Santiso (ou do Pozo), e que se derrubou cando se construíu a actual, a principios dos anos 60.

Algo semellante pasoulle á de San Salvador de Padreiro, de estilo barroco, derrubada por ser pequena e estar en malas condicións. Desta igrexa consérvase en San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela, o retablo de estilo barroco.

Na visita pastoral de 1548 faise referencia a unha pequena ermida en Santa Catalina D’ Armada, que tiña dous altares, nun dos cales estaban as imaxes de Santa Catalina e de San Gregorio, mentres que o outro estaba baleiro, e a capela producía entón unha paupérrima impresión «muy sucia y llena de basura, y parece que en ella se hacen muchos fuegos..., duermen hombres y mujeres, personas deshonesta­s y de mal vivir y hacen estúprulos y deshonesti­dades en ofensa de Nuestro Señor Dios y de la Virgen Santa Catherina», segundo recolle de xeito

textual o relato da sinalada visita pastoral.

Documental­mente, as primeiras referencia­s ás igrexas que temos no concello de Santa Comba son as de Arantón e Fontecada, no século IX, inventaria­das no «Documento de Tructino».

Poucas misas

Tructino fora enviado polo rei Afonso III, para facer inventario das igrexas pertencent­es á sé de Iria. No municipio, só hai dúas

igrexas románicas, a de San Fiz de Freixeiro e a de San Cristovo de Mallón.

En 1548 ningún dos templos do concello tiña o Santísimo Sacramento nos seus altares e nun bo número delas a eucaristía celebrábas­e soamente cada dúas semanas e mesmo, nalgún caso, cada tres. O motivo era os escasos ingresos que tiña a parroquia, o baixo número de veciños e que as igrexas estaban en lugares case desertos.

 ?? [paCo RoDRíGUEZ] ?? No municipio xalleiro só hai dúas igrexas románicas, unha é a de San Fiz de Freixeiro
[paCo RoDRíGUEZ] No municipio xalleiro só hai dúas igrexas románicas, unha é a de San Fiz de Freixeiro
 ?? ?? A igrexa parroquial de San Pedro, no casco urbano de Santa Comba.
A igrexa parroquial de San Pedro, no casco urbano de Santa Comba.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain