La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Sexto ano de esforzo dunha comisión de festas moi activa

«Realmente realizamos unha gran dedicación a nivel persoal, pero vale a pena ver o ben que responde a xente», afirman

- [emilio forján]

Con diferenza, as de San Pedro están considerad­as as mellores festas da zona e dá fe a gran cantidade de xente que arrastran os catro días programado­s pola comisión de festas que, por sexta vez, organiza un ambicioso programa con algunhas das mellores orquestras do panorama galego como son París de Noia ou El Combo Dominicano.

Este ano programaro­n un total de seis días que comezaron coa festa do Corpus, o pasado 11 de xuño, onde non faltou unha sesión vermú moi animada cos gaiteiros Os Campantes da Baña e o trío Banarama. E seguiron polo San Xoán, que xa é tamén tradición. Aparte dunha gran sardiñada no campo da feira, unha queimada e a cachela, non faltou a música coa disco móbil CDC.

Tamén encárganse de organizar as segundas festas en importanci­a do verán en Santa Comba: as de San Cristovo, a finais do mes de xullo. O sábado 29 pola noite haberá verbena, e o domingo 30 celebraras­e a misa e, por segundo ano consecutiv­o, a concentrac­ión de coches clásicos, seguida da tradiciona­l procesión motorizada de coches, autobuses e camións polas rúas de Santa Comba. Haberá premios para os mellor engalanado­s. O colofón á festa será unha tirada de fogos de artificio pola noite, logo dunha sesión vermú que se prolongará durante toda a tarde.

Os membros da comisión de festas asumen que lles gusta dinamizar o pobo: «Realmente realizamos un gran esforzo a nivel persoal, pero vale a pena ver o ben que responde a xente», sinalan desde a comisión, ao tempo que agradecen a sempre «importante receptivid­ade da xente cando pasas a pedirlle a aportación para as festas. Sabemos que co encareceme­nto da vida non é fácil, pero é certo que recoñecen que cada ano hai moi boas festas e nunca defraudan».

Unha das novidades este ano serán os pasacalles que o día 30 de xuño, festividad­e de San Pedro, tamén se van achegar ata as aldeas máis próximas para darlle se cabe aínda máis o ambiente de festa a toda a veciñanza.

O caché das orquestras é tamén elevado cadrando co comezo dos dous meses fortes. «A París de Noia chega o primeiro sábado de xullo, con todo o que iso significa a nivel económico, pero o certo é que quixemos que fose un programa que atraia ao maior número de persoas posible como sucedeu o ano pasado coa Panorama, que había moito tempo que non se vía a tanta xente no pobo», comentan dende esta dinámica comisión composta por unha ducia de persoas e que realiza un traballo arduo durante meses para que a capital do Xallas teña a súa semana grande de festas.

Os doce membros da comisión de festas convidan a achegarse durante os catro días ata a capital do Xallas a gozar da que é a primeira das grandes citas festeiras na contorna das comarcas de Xallas e A Barcala, ao tempo que non faltará unha variada oferta de atraccións instaladas no recinto do campo da feira de Santa Comba, que sempre son un dos maiores reclamos para os festeiros máis novos.

«o día 29 os pasacalles chegarán por vez primeira ás aldeas máis próximas»

«Por San Cristovo, concentrac­ión de coches clásicos o 29 de xullo e tirada de fogos o 30»

 ?? ?? A comisión de festas de Santa Comba está formada por un grupo de dinámicos veciños da localidade.
A comisión de festas de Santa Comba está formada por un grupo de dinámicos veciños da localidade.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain