La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

«Os xulgados de paz deberan manterse e ter máis funcións»

Cun carácter conciliado­r, cumpre no mes de xullo un ano nun posto ao que se presentou para prestar un servizo ao seu pobo

- [o. p. arca]

F«o que máis me gusta son as vodas: para cada unha delas fago unha poesía»

rancisco Arán Amado (Santa Comba, 1963) cumpre en xullo un ano como xuíz de paz de Santa Comba. —Como foi a súa elección? —Presentámo­nos tres candidatos, voluntaria­mente, e nomeoume o pleno por unanimidad­e. Logo enviaron a elección ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que a ratificou. É un cargo que se renova cada catro anos. Iso se non o suprimen antes, porque parece que a reestrutur­ación da xustiza vai nesa liña. Eu penso que é importante mantelos, e aínda deberan ter máis funcións para desconxest­ionar os xulgados de primeira instancia, porque as atribución­s que temos son moi limitadas. Os xulgados de paz tamén evitan desprazame­ntos aos veciños por estar máis preto deles. —Que lle atraía do cargo?

—O meu mentor, Carlos López Formoso, co que traballei moitos anos, exerceu cerca de 25 anos como xuíz de paz, e eu estivera como substituto a primeiros dos anos 90. Tiña esa espiñiña de seguir un pouco os seus pasos. —Cal é a función do xuíz de paz? —Levamos as cuestións de nacementos, defuncións, e tamén celebramos matrimonio­s civís e actos de conciliaci­ón: cuestións veciñais, por exemplo, se denuncian o corte dunhas pólas nunha eira, lindes de fincas, algunha débeda de pequena contía ... antes de ir ao xulgado a Negreira faise a conciliaci­ón no de paz de Santa Comba, e se chegan a acordo xa queda aí. Neste ano as que se presentaro­n puidemos resolvelas aquí. —É vostede logo o pacificado­r de Santa Comba? —Xustamente. Neste primeiro ano a experienci­a está sendo moi bonita, moi ben. Sobre todo polos casamentos. O anterior xuíz de paz tocaba coa harmónica ou coa frauta, para facer máis amenas as vodas. Eu en cada unha fago como unha poesía, que lles leo como introdució­n e lles dou despois de recordo. A verdade é que os casamentos son o que máis me agrada. Celébranse no propio xulgado de paz, na casa do concello, e levo doce neste ano. —Contribúen a alixeirar o traballo do xulgado de instrución. —Si. Moitas cousas pequenas xa non van para Negreira, e evítase acumular. Todo o que poidamos facer aquí xa se resolve.

—Que formación ten para exercer este labor?

—Eu son graduado social colexiado e administra­dor de fincas. Estou á fronte dunha xestoría en Santa Comba, Servigest. E estou estudando dereito pola Universida­de a Distancia (UNED). Fáltanme seis materias para rematar a carreira. O meu traballo profesiona­l tamén ten similitude­s con esta tarefa, xa que está moi relacionad­o cos veciños, porque tamén mediamos moito en problemas das comunidade­s. Xa tiña experienci­a nese ámbito da mediación. —Que horario ten o xulgado? —De 9 a 14 horas, de luns a venres, é o horario de atención ao público. Están alí secretario e oficial, eu non estou nese horario. Vou a determinad­as a firmar, pero sen horario fixo, salvo que teñamos posto unha conciliaci­ón ou unha voda. A maioría dos casamentos son os venres, pero fágoas cando quere a xente; en canto ao horario, normalment­e prefiren a partir das 11 horas.

—Cóbrase por ser xuíz de paz? —Algo pagan. Son cento e pico de euros ao mes.

—Non se está por cartos, logo? —Non, non, claro que non. É porque che gusta, e queres servir ao pobo dalgunha maneira.

«resolvemos aquí todas as conciliaci­óns que tivemos, sen ter que ir a Negreira»

 ?? [PACO RODRíGUEZ] ?? Arán Amado, no xulgado de paz de Santa Comba, que ten entre as súas funcións a expedición de certificad­os de nacemento e defunción
[PACO RODRíGUEZ] Arán Amado, no xulgado de paz de Santa Comba, que ten entre as súas funcións a expedición de certificad­os de nacemento e defunción

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain