La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

O legado gandeiro, en mans da mocidade

As novas xeracións garanten o futuro das 133 explotació­ns que seguen activas na localidade

-

[l. l.] Había de estar orgulloso Balbino, aquel «rapaz de aldea» das Memorias dun neno labrego por ver a rapazada de Val do Dubra e a súa ilusión polo rural e por manter vivo un sector que, malia ver cuestionad­a a súa superviven­cia, segue dando de comer a moitos. Moitos mamaron o amor pola gandería e o sacrificio da profesión e esta segue a ser a sorte de mozos e mozas que ven na aldea o seu devir profesiona­l. En Val do Dubra continúan en activo 133 explotació­ns, cun censo de 5.387 cabezas de gando bovino, un reflexo da importanci­a histórica deste sector no concello, especialme­nte no lácteo. Así, os procesos de actualizac­ión e modernizac­ión son palpables e a calidade vai en aumento.

Froito deste futuro que agora é presente, hai moita xuventude

formándose en especialid­ades do sector e incorporán­dose á actividade agraria. Quen lle ía dicir a Vicente de Neiro que a súa neta, Melania Noya, da Gandería Noya Neiro SC de Niveiro, se amarraría aos azos que sempre lle deu para seguir coa explotació­n e vela medrar á vez que anhela seguir formándose en variedade de escolas de xuíces de concursos morfolóxic­os en España e no resto de Europa: «O avó, referente onde

os haxa, foi pioneiro en crear unha gandería, os meus pais seguiron ese legado e sinto a necesidade de formarme, sen deixar a raíz coa que nacín. Gústame estar vencellada ao campo e estou orgullosa de vir de onde veño».

Con esa paixón como vínculo tamén medraron os irmáns Simón e Sergio Blanco, da Gandería Queiruguei­ra SL, do lugar de Vilalba. Son dous rapaces de 16 e 14 anos aos que lles gustaría seguir coa granxa familiar. Simón, que cursa o ciclo medio de Agropecuar­io en Fonteboa e participa en diferentes concursos, destaca a evolución do sector xa que «agora hai moitos máis datos para analizar que supoñen a mellora do benestar animal, unha mellor calidade de vida». Sinalan o amor polo campo «onde todos nos axudamos e onde tamén coma individuos temos máis espazo».

Con algúns anos máis de experienci­a, no lugar de Buxán, atópase Toni Pumar da Gandería Pumar. Este mozo de 35 anos atopou na súa formación de programaci­ón un dos aliados no sector, que ve que evoluciona de xeito positivo; «apoderámon­os un pouco máis, porque estamos empezando a entender as explotació­ns coma empresas». Con todo, fala «dos inputs negativos do sector e do descoñecem­ento deste. A xente non sabe que é a PAC, non imaxina como nos prexudica a suba ou baixada de certos impostos, o reparto das axudas, o gasto e investimen­to diarios…». Convida a coñecer o sector e ver «o traballo, dedicación e esforzo que hai detrás». Todos destacan a posta en valor do sector con respecto á época dos seus pais, agradecido­s de ser fillos e fillas do oficio máis bonito e libre do mundo.

 ?? ??
 ?? ??
 ?? ?? Melania Noya, Toni Pumar e Sergio e Simón Blanco, exemplos do futuro de Val do Dubra
Melania Noya, Toni Pumar e Sergio e Simón Blanco, exemplos do futuro de Val do Dubra
 ?? [l. l.] ??
[l. l.]

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain