La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

«Feiraco transformo­u a comarca e impactou en Galicia»

Presentou a súa primeira obra poética, «Poemas da vida»

- [e. forján]

NA finais do 2023 presentou o seu libro, que inclúe trescentos poemas

atural da Baña, a Pepe Montes coñecémolo polo seu incansable labor a prol do cooperativ­ismo e a economía social en Galicia. Socio fundador de Feiraco en 1969 e terceiro e último presidente da cooperativ­a, xusto antes da fusión con Melisanto e Os Irmandiños que desembocou en Cooperativ­as Lácteas Unidas (CLUN); publica o seu primeiro libro: Poemas da vida, unha escolma de poemas que foi compoñendo durante a súa vida, en galego e castelán. Montes deixou o sacerdocio, emigrou a Venezuela, regresou para colaborar na fundación de Feiraco, de Cáritas Interparro­quial de Santiago e de Cáritas Diocesá. Mesmo foi presidente da Sociedade Deportiva Negreira. —Como xurde o libro? —Dunha intimidade imprevista. O libro é íntimo, moi persoal e está moi vinculado ao meu proceso vital, e vai dende os meus dezasete anos ata agora. Aparte de ser íntimo, nunca quixen publicalo porque sempre foi unha actividade que facía como afección. E agora, na etapa final da miña vida, algúns que xa coñecían esa faceta miña animáronme a publicalo. Fíxeno sen axuda de ningún tipo, agás algúns exemplares para agasallar adquiridos pola Consellerí­a de Educación. —Descríbano­s o libro.

—Está dividido en cinco bloques: intimar, onde hai moitas oracións da miña etapa de crego e de educador; admirar, cunha vista á natureza e a Galicia sobre todo; e logo lembrar, con eses recordos que che marcan a vida, ou amigos; e despois acougar, que volve ser Galicia pero no sentido de, a onde teño que ir?, cando non descubrimo­s ben todas as pontencial­idades que temos aquí. E o último bloque é o de agradecer, pois o libro non se faría sen toda a xente que tivo relación comigo. O último capítulo está dedicado á amizade.

—A etapa de crego marcoulle? —Foi importante que xunto con outros cregos de Barcala, fixemos un movemento de acción católica que foi transforma­dor dunha comarca e que incluso impactou en Galicia, que foi cando se creou Feiraco e que naceu de que Jesús García Calvo era o presidente de Cáritas Interparro­quial de Negreira, e foi entón cando construímo­s o edificio de Vilachán, que era un centro de formación e máis oficinas, e logo é cando emprende o camiño do cooperativ­ismo porque xa había unha base con cooperativ­as como a de Tapia, San Cosme de Antes ou Viceso. —Leva unha vida dedicada ao cooperativ­ismo.

—Todo ese movemento xurdiu cando eu vin de Venezuela, onde fun emigrante. Colaborei activament­e en Feiraco dirixindo a revista bimestral. Tamén estiven no consello reitor de Cooperativ­as

Agroalimen­tarias de España, que foi onde contactei coa Confederac­ión Empresaria­l Española da Economía Social (Cepes), onde fun vicepresid­ente e que foi cando fixemos un programa sobre o reto demográfic­o para toda España, con reunións coa ministra Teresa Ribera e que usou o Goberno para algunhas directrice­s. —Novos proxectos? —Continuare­i cun segundo libro de poesía actual, xa feito. E logo, un segundo sobre as prioridade­s da miña vida sociolabor­al: cooperativ­ismo e economía social; a caridade, co meu paso por Cáritas Diocesana de Santiago; o arte románico en Barcala e a última, a miña infancia e a formación de novo.

«Continuare­i cun segundo libro de poesía actual, que xa está feito»

 ?? [Paco RoDRíGUEZ] ?? Pepe Montes é unha persoa clave na historia das cooperativ­as, pero tamén na economía social e a igualdade laboral
[Paco RoDRíGUEZ] Pepe Montes é unha persoa clave na historia das cooperativ­as, pero tamén na economía social e a igualdade laboral

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain