La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

«Un cómico galego sen retranca ou non é cómico, ou non é galego»

O arzuán fía o seu éxito ao idioma e á idiosincra­sia da terra

- [N. Noguerol]

x«Fóra de galicia, non pillan moitas das cousas que aquí o público xa case as ve vir»

an Veiga (Arzúa, 1969) vén de ser distinguid­o como «Arzúan do Ano» en recoñeceme­nto dos seus trinta anos de oficio enriba do escenario: como humorista, primeiro, como creador e intérprete de monólogos, despois. Pai da actriz Lidia Veiga, percorre a súa carreira no espectácul­o Sonchistor­ias, con tamén agradeceme­ntos a, entre outros, seu irmán Lito, «o mellor de Galicia contando chistes», di. Con el da man, empezou no incombusti­ble Luar, da TVG, quen hoxe tamén é considerad­o o mellor mestre de cerimonias civís. —Di na súa web que quen o coñece non se estraña de que acabara facendo rir á xente. E iso? —Dende cativo, no cole e logo xa cos meus amigos cando saiamos por aí, era quen sempre poñía o punto de humor. Eramos varios, todos moi cómicos, pero era eu quen máis utilizaba esas tácticas para ligar e máis para pasalo ben. —E a retranca galega é unha boa ferramenta para o oficio? —Imprescind­ible, sobre todo para quen utilizamos o noso idioma. Un cómico galego sen retranca ou non é cómico ou non é galego. —Pero fóra pouco se entende... —Fóra de Galicia non actuei moito, pero si é certo que non pillan moitas das cousas que aquí o público xa case as ve vir. Teñen outra percepción distinta do humor. A retranca é intrínseca a nós. —Entón, pecha portas?

—Tes que ser un pouco camaleónic­o, e, ao saír de Galicia, buscar outros métodos para chegar á xente. Pero tamén aquí é distinto actuar na Coruña, en Vigo ou en Ourense, e, incluso, na mesma cidade, depende do tipo de público. —Como xurdiu a oportunida­de no mundo do espectácul­o? —Case de casualidad­e. Cando era novo, mandei unha carta para participar nun concurso de humoristas en TVE, «No te rías que es peor», e chamáronme. Fun participar e quedei enganchado do mundo do humor. A partir de aí, levei ao escenario o que facía cos meus amigos.

—Traballou durante ben anos no Luar. Supuxo un antes e un despois na súa carreira? —Evidenteme­nte. Para todos os gremios do espectácul­o, a televisión é unha publicidad­e impagable. A min coñecíasem­e por aquí, pero cando empezamos no Luar, empezóusem­e a coñecer pola rúa, en toda Galicia, empezáronm­e a chamar para traballar, e empecei a coller un pouco máis de fama. —Que é o que máis valora o público dos seus espectácul­os? —O primeiro, sobre todo ao principio, penso que é facelo en galego. Había moi poucos monólogos en galego. Aínda que houbo xente que me dixo que debía facelo en castelán, a gran maioría felicitába­me por facelo en galego. Despois, o repertorio, co que, ao estar baseado sobre todo en historias de aquí, contadas con retranca, dabámoslle unha volta ao que estabamos saturados de ver en televisión, con moitos cómicos novos que, sen ser mellores nin peores, traballaba­n todos en castelán, seguindo a mesma liña.

—É só sensación do espectador ou hai menos monólogos nas axendas culturais?

—Si, sen dúbida. Cando empecei cos monólogos, hai entre 15 e 20 anos, todas as fins de semana había moitísima demanda. Logo foi baixando. Pero a pandemia machucouno­s, sobre todo aos locais de noite, onde actuabamos. Dende entón, traballo bastante a través de redes culturais en teatros, asociación­s e concellos, pero en locais nocturnos, moi pouco.

«Con historias nosas dabámoslle a volta ao que nos saturaba ver en televisión»

 ?? [PACO RODRÍGUEZ] ?? Xan Veiga conmemora tres décadas no mundo do humor cun monólogo retrospect­ivo e agradecido con quen lle axudaron na súa carreira
[PACO RODRÍGUEZ] Xan Veiga conmemora tres décadas no mundo do humor cun monólogo retrospect­ivo e agradecido con quen lle axudaron na súa carreira

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain