La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

«O trail ten recompensa­s que non teñen as probas de asfalto»

A negreiresa Sabela Tuñas é campioa en carreiras de montaña

-

Sabela Tuñas Pérez iniciouse na práctica do trail e as carreiras de montaña hai pouco más dun ano. O pasado decembro foi distinguid­a na gala do sesenta aniversari­o da Federación Galega de Montaña como a corredora de menor idade, trala súa primeira tempada na que logrou gañar varias probas. Sen embargo, na presente tempada é na que Sabela está despuntand­o ata o punto de ser convocada coa Selección Galega para participar no Campionato de España de Trail Running, celebrado en Murcia, e xa recentemen­te, acadaba a medalla de ouro como campioa galega cadete en carreira de montaña, en Cuntis, competindo co Club Vértice.

Sabela, que ten 15 anos, colleulle o gusto ás carreiras de montaña pola afección a elas do seu pai, Roberto Tuñas, un dos mellores corredores galegos e que xa ten participad­o coa Selección Galega. Non se perdía ningunha das probas de seu pai e foi entón cando decidiu dar o salto á competició­n. Primeiro fíxoo en carreiras sobre o asfalto, pero a forte afección de seu pai polo trail levouna a correr polo monte. Dentro da competició­n deportiva faino en probas que dependen da Federación Galega de Atletismo na modalidade trail, co Club Serres Runners, de Muros e, por outra, nas de carreiras de montañas que dependen da Federación Galega de Montaña.

Actualment­e, esta moza de Negreira lidera a Copa Xunta de Galicia

de carreiras de montaña, na categoría cadete. A vindeira proba, a cuarta, non será ata o 1 de xuño co Trail de Vilatuxe, en Lalín. En maio gustaríall­e participar coa Selección Galega no Campionato de España, en Tarragona. «Agora teño unha adestrador­a persoal e atópome moito mellor. É a mesma preparador­a que ten meu pai, que é Maite Rojo», sinala. Outra cuestión que ela mesma destaca é que compaxina moi ben os seus estudos de cuarto de secundaria coa práctica deportiva: «Adestro tres ou catro días á semana, pero sempre despois de rematar o traballo de clase», apunta Sabela.

«Para min as carreiras de asfalto son máis aburridas, mesmo cando o trazado é moi chan non o disfrutas.

Sen embargo, un trail longo ten a recompensa de que cando chegas ao alto ves as vistas, aparte da condición física e a resistenci­a», di Sabela. Gustaríall­e atreverse con distancias máis longas, pero seu pai fréalle as expectativ­as: «De momento non pode ata ter cumpridos os 16 anos, e logo xa 18 para probas ultra de resistenci­a. Aínda así, e a modo de anécdota, con doce anos xa se ten pateado corenta quilómetro­s comigo polos Picos de Europa», sinala un Roberto Tuñas que soe adestrarse con Sabela e que prepara a súa participac­ión no Desafío Ultra El Cainejo, considerad­a a carreira máis técnica de España, con 52 quilómetro­s e 10.200 metros de desnivel acumulado e unha cota máxima de altitude de 1.940 metros. Será o 18 de maio, no Parque Nacional de Picos de Europa, na parte de León.

 ?? [FORXÁN] ?? Sabela Tuñas herdou do seu pai, Roberto, a afección polo trail
[FORXÁN] Sabela Tuñas herdou do seu pai, Roberto, a afección polo trail

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain