La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Medra a festa máis doce de Galicia

A cita de exaltación de melindres, ricos e amendoados alcanza a súa trixésimo segunda edición tendo consolidad­o Melide como a capital galega da repostaría artesanal

-

Marcial Mouzo volverá a Melide para enxalzar os «encantos», como el di, de melindres, ricos e amendoados. Fíxoo por vez primeira en 1993, cando pregoou a entón terceira edición da Festa do Melindre. Á voz inconfundi­ble das madrugadas da radio pública autonómica volvéusell­e encomendar o pregón da cita de exaltación da repostaría artesanal da comarca melidá. Tres décadas despois, a festa —que, como manda a tradición, segue a celebrarse a segunda fin de semana de maio— mantén a súa esencia na mostra sectorial cos reposteiro­s artesanais de melindres, ricos e amendoados, que viron, co paso dos anos, medrar a produción e o mercado dos tres doces ancestrais.

Nese crecemento xogou un papel decisivo a cita de exaltación gastronómi­ca, que axudou na promoción do produto, consolidan­do

Melide como a capital galega da repostaría artesanal. É algo que recoñecen os propios doceiros, que ven na Festa do Melindre «unha valla publicitar­ia enorme»,

nd di Alberto Rodríguez, presidente de Melide Terra Doce, a asociación local do sector. «Milleiros de persoas saben que un dos sitios aos que hai que ir o segundo domingo de maio é a Melide», mantén Rodríguez, testemuña dende Pastelería Estilo de como a cita de exaltación gastronómi­ca contribuíu a «alongar a venda dun produto que estaba vinculado aos días de festa».

Todo o oficio en Melide coincide en que melindres, ricos e amendoados se despachan de xaneiro a decembro. A súa cita de exaltación «dálle visibilida­de ao produto e reforza o sentimento de tradición», mantén, dende Pastelería Trisquel, Román Varela, quen considera que a Festa do Melindre, declarada de Interese Turístico de Galicia, cumpre trinta e dúas edicións «consolidad­a, e nun nivel moi bo dende hai uns oito anos». Estilo e Trisquel repetirán na mostra de repostaría, na que tamén se volverá despachar o produto que elaboran nas casas Tahona, Tarrío e Toques. O cociñeiro que desta volta amosará nun obradoiro a versatilid­ade dos doces locais é Gorka Rodríguez, bisneto de pulpeira e panadeira de Melide. A música será cousa da cantautora arzuá MJ Pérez.

 ?? [PACO RODRÍGUEZ] ?? Melindres, ricos e amendoados, os doces típicos de Melide, elabóranse artesanalm­ente
[PACO RODRÍGUEZ] Melindres, ricos e amendoados, os doces típicos de Melide, elabóranse artesanalm­ente

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain