La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Elas e eles custodian o nobre oficio de amasar unha tradición secular

Os obradoiros de repostaría artesanal nos que se elaboran os tres doces que aportan identidade á gastronomí­a de Melide Estilo, Tahona, Tarrío, Toques e Trisquel son as casas dos melindres, ricos e amendoados nunha vila, terra de panadeiros, que ten docume

- Reportaxe

[NATALIA NOGUEROL] De pais a fillos. De sogras a noras. De mulleres a homes. De veciñas a veciños. Duns a outros. Da devoción pola tradición. Foi así como se transmitiu, e chegou ata hoxe, en Melide a sabedoría no facer dos doces seculares dunha vila, terra

nd de panadeiros, na que, dende o século XVII, están documentad­os dezaseis fornos nos que, ademais de cocerse o pan, se facían melindres, ricos e amendoados. Como ouro en pano conservan as receitas e con mimo de avoa coidan un artesanal proceso de elaboració­n as reposteira­s e os reposteiro­s que fan os tres produtos nos que esta vila medieval, cruce de camiños xacobeos, ten unha das súas sinais de identidade.

Da vertixe que orixina esa condición nace, á súa vez, o xuízo co que os artesáns desenvolve­n o seu traballo. «É unha responsabi­lidade enorme recoller un saber facer ancestral que estivo conservado dunha maneira case involuntar­ia porque era a maneira de traballar», mantén Alberto Rodríguez, que lle tomou o relevo ao seu pai, Suso, no temón de Pastelería Estilo. Tamén o fixeron na Tahona Patricia e Alberto Sánchez, que representa­n a terceira xeración desta familia de panadeiros e reposteiro­s de Melide. É ela quen se encarga de elaborar melindres, ricos e amendoados, lo

go de aprender o oficio da man dunha boa mestra, a da súa sogra, Maruja Varela, tal e como lembra con orgullo Patricia, a quen enche de «felicidade» darlle continuida­de e poñer en valor a tradición familiar. Román Varela, que desenvolve o oficio na Pastelería Trisquel, recorre a unha emotiva comparació­n para explicar o significad­o de contribuír a preservar un vello oficio co que, di, «honramos aos mestres que o mantiveron

dende tempos pasados, e tamén a terra onde mantemos a tradición». É como facer, explica, «que un pai se sinta vivo a través dos seus fillos».

A memoria dunha reposteira —a de Julia Aguiar, en concreto— rescata Mónica Tarrío para lembrar que foi ela quen a ensinou a facer os melindres que hoxe despachan na panadería familiar. Leva por nome o apelido paterno desta outra reposteira que tamén

ten palabras de recordo para outra mestra do oficio: Maruja de Sierra, de quen aprendeu a facer os ricos e os amendoados. En Mónica teñen José Luis e Nieves Vázquez o doce relevo garantido, como tamén o ten no seu fillo Ignacio o xerente da Panadería e

nd

Pastelería Toques, César Sánchez. Dende o seu obradoiro no concello co que bautizou o negocio tamén se fan os doces artesanais de Melide, que empezou a elaborar

«porque a xente reclamaba o produto», conta. Poñerao á venda na festa de exaltación que sempre se celebra a segunda fin de semana de maio. Tamén os seus compañeiro­s de oficio das casas Estilo, Tahona, Trisquel e Tarrío participar­án na mostra sectorial da Festa do Melindre, que chega á súa trixésimo segunda edición como unha cita consolidad­a no calendario gastronómi­co. A voz das reposteira­s e dos reposteiro­s melidenses

é unánime cando falan da repercusió­n económica dunha cita que ten na «excelencia» dos produtos que enxalza o seu principal valor. «É unha moi boa festa», conta Patricia Sánchez. Ningún dos seus compañeiro­s lle quita a razón, con sustento no aprecio da calidade que se impón na elección da materia prima, do artesanal proceso de elaboració­n, e da frescura de tres doces naturais que non teñen trampa nin cartón.

 ?? ??
 ?? [FOTOS: PACO RODRÍGUEZ] Alberto ?? Patricia e Alberto Sánchez son a terceira xeración da Panadería Tahona
[FOTOS: PACO RODRÍGUEZ] Alberto Patricia e Alberto Sánchez son a terceira xeración da Panadería Tahona
 ?? ?? César Sánchez ten relevo garantido na Panadería e Pastelería Toques no seu fillo Ignacio.
César Sánchez ten relevo garantido na Panadería e Pastelería Toques no seu fillo Ignacio.
 ?? ?? Román Varela honra a tradición na Pastelería Trisquel.
Román Varela honra a tradición na Pastelería Trisquel.
 ?? ?? Rodríguez tomou o relevo do seu pai en Estilo.
Rodríguez tomou o relevo do seu pai en Estilo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain