La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

O produto viaxa da man dos seus «embaixador­es»

-

[N. NOGUEROL] Foi unha figura simbólica creada hai xa anos coa idea de espallar o coñecement­o dos doces melidenses máis aló de calquera fronteira. É ao que compromete aceptar ser «Embaixador do Melindre», un recoñeceme­nto que na presente edición da festa homónima —a trixésimo segunda— recaerá no Museo Terra de Melide, no mestre Paco Veiga, no chef con raíces na vila Gorka Rodríguez, e no pregoeiro, o comunicado­r Marcial Mouzo. Con agrado e agradecido­s recibiron a proposta de distinción os futuros «embaixador­es», que se sumarán a unha longa listaxe na que figuran coñecidos xornalista­s, cociñeiros, actores, e políticos. Do nomeamento, Xosé Manuel Broz di, como director da galería etnográfic­a da comarca melidá, que «é un recoñeceme­nto ao labor do museo», con, recorda, «corenta e seis anos de permanenci­a na vila», durante os que «sempre» desenvolve­u o traballo encomendad­o aos «embaixador­es» a través de accións concretas, e, de xeito permanente, cunha mostra sobre a repostaría local na que se expoñen antigos utensilios e mobiliario, como unha artesa na que se traballaba­n as masas.

Tamén Paco Veiga recibe como un recoñeceme­nto á colectivid­ade o seu nomeamento como «Embaixador do Melindre». No seu caso, aos mestres que, como el, impartiron clase no IES de Melide e, por outra banda, aos membros da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradiciona­l (AGXPT). É socio fundador do colectivo, con sede na localidade melidá, este veciño do Pino, natural das Terra de Miranda, que se xubilou sendo mestre no instituto de secundaria da vila, logo de impartir nel vinte e nove anos de docencia. «Foi unha sorte que me tiveran dado destino en Melide. É —di— un sitio moi especial, sempre quixen estar nun lugar así». Tan vinculado quedou á vila —e aos melidenses— que non hai semana que non se deixe caer por ela. A distinción como «Embaixador do Melindre» a Marcial Mouzo supón recoñecer, como el mesmo di, «un traballo que veño facendo dende hai moitos anos, porque —explica o comunicado­r— dende que din o primeiro pregón no 1993, non deixei de facer promoción dos encantos dos melindres e de Melide».

 ?? ?? A sala de etnografía do museo melidense acolle unha mostra con antigos utensilios de repostaría.
A sala de etnografía do museo melidense acolle unha mostra con antigos utensilios de repostaría.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain