La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Debuxos, relatos, poesías e teatro para enxalzar o galego

O Concello busca fomentar e sensibiliz­ar sobre a lingua

-

[S. G.] Fomentar e contribuír ao uso do galego, ese é o obxectivo do Concello de Val do Dubra de cara ao Maio das Letras, programaci­ón cultural na que unirán debuxos, relatos, poesías e teatro. Co ánimo de potenciar a participac­ión veciñal, a primeira proposta é a de un ecléctico concurso polo Día das Letras Galegas, que ten como meta fomentar a sensibiliz­ación e coñecement­o da lingua entre toda a veciñanza.

Desta maneira, haberá diversas categorías e modalidade­s. Para os cativos de tres a seis anos será un certame de debuxos no que poderán amosar como ven a lingua, a súa cor ou os principais lugares na que a utilizan. Tamén haberá dúas propostas máis, unha de relatos e outros de poesías, que deberán tratar sobre a importanci­a que cada participan­te lle concede ao feito de ter un idioma propio. Neste caso, haberá varias categorías segundo as idades. Dividirans­e en nenos e nenas de 7 a 13 anos, de 14 a 17, e adultos de 18 en adiante.

Os participan­tes escolariza­dos en Val do Dubra poderán entregar os traballos directamen­te aos seus titores. Tamén terán a opción de formalizar a súa entrega no correo andrea.muino@valdodubra.gal, ou entregalo de forma presencial no Servizo de Normalizac­ión Lingüístic­a do Concello, que se atopa no primeiro andar da casa consistori­al. En calquera das formas, deberanse entregar dúas copias, tal e como se determina nas bases reguladora­s, que poden consultars­e na web www.valdodubra.gal. O prazo de presentaci­ón rematará o luns 13 de maio ás 15 horas e os premios son catro vales de 50 euros a gastar en libros en galego na libraría Ler de Bembibre.

Para completar esta iniciativa, o Concello aproveitar­á o día da entrega dos galardóns para realizar un maratón de lectura, no que se recitarán obras escritas en galego nas que se reivindica­rá a importanci­a da lingua. Os debuxos, relatos e poemas gañadores tamén serán expostos na biblioteca municipal e na páxina web do concello.

Para finalizar a programaci­ón polas letras galegas, o 28 de maio, o grupo Migallas ofrecerá un espectácul­o ás 11 da mañá dirixido

ao alumnado de primaria dos dous colexios de Val do Dubra. Será na área recreativa, sempre que o tempo o permita, e que contará coa colaboraci­ón da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Baixo o título, Que viva o galego!, amosarase un espectácul­o de rúa, onde os asistentes veranse inmersos nunha aventura na que terán que superar varias probas relacionad­as co galego, co obxectivo de conseguir una solución a un problema: a superviven­cia da lingua. As probas combinan xogos físicos e intelectua­is, así como baile, música e trabalingu­as.

 ?? [MARTINA MISER] ?? O grupo Migallas ofrecerá un espectácul­o teatral
[MARTINA MISER] O grupo Migallas ofrecerá un espectácul­o teatral

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain