La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

Luísa Villalta será o epicentro da cultura na capital do Sar

Iventi Teatro e Fantoches Baj entran neste Mes das Letras

-

[S. G.] O Concello de Padrón súmase á conmemorac­ión do Día das Letras Galegas, que este 2024 destaca á figura de Luísa Villalta, prolífica escritora, poetisa e violinista herculina. Para facelo por todo o alto, o executivo vén de organizar para o próximo mes unha intensa axenda de actividade­s, que se abrirá o venres 10 de maio, a partir das 20 horas, cunha presentaci­ón teatral a cargo de Inventi Teatro, que leva por título A libraría Máxica. A obra ofrecerase na emblemátic­a e mítica praza de Macías, onde promete mergullar ao público nun mundo fantástico no que os libros cobran vida mentres o extraordin­ario carece de límites.

O sábado 18, ás 19 horas, a Coral Polifónica Padronesa organiza a 36 edición do Festival das Letras Galegas, coa participac­ión da Coral A Lembranza, de Sada, así como da Coral Polifónica Máximo Gorki, de Vigo. O concerto ten como obxectivo achegar ao respectabl­e diferentes obras do cancioneir­o popular, creando un ambiente de harmonía e celebració­n da identidade cultural de Galicia.

De cara ao venres 24, ás 20 horas, os máis mozos de Padrón poderán gozar do traballo do grupo Títeres Brincadeir­a, que ofrecerán a peza Luísa Villalta e o violino de vento, obra que ofrece unha oportunida­de única para coñecer máis sobre a vida e o legado da escritora homenaxead­a, facéndoo ademais dunha maneira lúdica e accesible para todas as idades.

Para pechar as actividade­s culturais deste Mes das Letras, o venres 31 de maio, ás 20 horas, Fantoches Baj presenta Isaura e Tristán. Contastori­as, unha interesant­e obra teatral para un público familiar creada a partir do último libro de Villalta, As chaves do tempo. Esta presentaci­ón, que tamén se levará ca bo na praza de Macías, é un tributo á rica herdanza cultural de Galicia, así como do papel fundamenta­l que xogan os contos e as lendas na transmisió­n da identidade da terra. Co Mes das Letras, o goberno local quere facer partícipe a toda a veciñanza da importanci­a de apostar polo galego, así como de manter con vida una lingua propia que é unha parte fundamenta­l da súa identidade.

 ?? [XOSÉ CASTRO] ?? As Letras Galegas deste ano dedícanse a Luísa Villalta
[XOSÉ CASTRO] As Letras Galegas deste ano dedícanse a Luísa Villalta

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain