La Voz de Galicia (Santiago) - El Comarcal Santiago

«En Brandomil revaloriza­mos un xacemento romano de gran relevancia»

Tamén dirixiu as escavación­s no Castro de Vigo e A Lanzada

- [E. FORJÁN]

Natural de Santa Comba, é licenciado en Historia coas especialid­ades de Prehistori­a, Arqueoloxí­a e Historia Antiga, e doutorando pola USC. Dende o ano 2006 é arqueólogo en Adro Arqueoloxí­a e dende o 2019 exerce como director das escavación­s arqueolóxi­cas no xacemento da época romana de Brandomil (Zas). Con Abel Vigo García, arqueólogo do Concello de Mondoñedo, Lino Gorgoso López é o autor do libro «Brandomil, vila soterrada», que recompila o traballo de investigac­ión realizado pola Fundación Brandomil para impulsar a recuperaci­ón e defensa deste patrimonio xa datado..

—Din que o seu é vocacional. —Desde pequeno quería ser arqueólogo e a miña familia xa era moi afeccionad­a a visitar xacementos. En canto puiden fixen a licenciatu­ra en Historia coas tres especialid­ades na USC. Logo, no 2010, fixen a tese de doutoramen­to e aínda que quería dedicarme á investigac­ión, no 2006 entrei na arqueoloxí­a profesiona­l e xa non o deixei.

—Como chega a director? —Agás ese paréntese para a tese, non parei. Vivín períodos bos con outros non tan bos. Tiven a sorte de ter sempre traballo e permitiume ir afianzando a miña traxectori­a ata ser director e traballar co meu criterio. Como queira que empecei tan novo, acadei as miñas primeiras direccións con menos de trinta anos, algo que non é habitual, pero que permitiume dirixir escavación­s tan importante­s como no Castro de Vigo, o xacemento da Lanzada, en Sanxenxo, e agora Brandomil. —Que agardan de Brandomil? —Neste mes de xuño retomaremo­s os traballos en Pedra do Altar, pois xa o Concello de Zas nos deu o visto bo e temos autorizaci­ón de Patrimonio. E temos un proxecto no Camiño Real, que unía Negreira con Muxía, que vai a afectar á ponte, para darlle un lavado de cara, con limpeza e iluminació­n, porque agora mesmo está tendo unha cantidade enorme de visitantes ao identifica­r a vía romana, que ten outra por debaixo, con trazados diferentes e que é a primeira vez que aparece outra por debaixo, o que certifica que nos séculos máis antigos, despois do cambio de era segurament­e e ata o século IV e V, a única forma de chegar á Costa da Morte era por esta vía romana con todas as súas capas, e coas súas medidas canónicas. Co cal podemos enlazar co que era a Inventium da descuberta do corpo do Apóstolo Santiago, porque os seus discípulos van a Duio (Fisterra) para falar co xefe romano da zona para enterrar aquí ao Apóstolo, e se iso é certo, pois forma parte da lenda, vincula a Brandomil coa Inventium.

—É un caso atípico en Galicia?. —O fito máis destacado, e que nos pon no mapa da investigac­ión a nivel de Europa foi datalo ao utilizar a tecnoloxía máis moderna como son as probas de carbono 14, porque hai unha secuencia moi ampla de ocupación romana, pero existen dous momentos que son importantí­simos e que son os queimados: as casas romanas aparecen queimadas e unha superposta á outra. Polos materiais sabiamos de que época eran, pero preferimos cerciorarn­os e usar un método tan científico como é o carbono 14 e cun laboratori­o dos máis potentes a nivel mundial, Beta Analytic Miami (EE UU). A primeira era de finais do século I e a segunda do ano 130 dc. É dicir, que trinta anos despois volveuse queimar, incrible.

«O xeorradar e as probas de carbono 14 fan nd do xacemento un modelo»

«Hai partes de ata un metro de altura, algo imposible en Galicia»

 ?? [PACO RODRÍGUEZ] ?? A Fundación Brandomil impulsa a investigac­ión que dirixe Lino Gorgoso, con fondos do Concello e a Deputación
[PACO RODRÍGUEZ] A Fundación Brandomil impulsa a investigac­ión que dirixe Lino Gorgoso, con fondos do Concello e a Deputación

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain