O Se­ne­gal non re­ma­ta nun­ca

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS . GALEGO -

An­tes de via­xar ao Se­ne­gal, al­guén lle pre­gun­tou a Xe­rar­do Agra­fo­xo se ía apro­vei­tar a ex­pe­rien­cia para es­cri­bir un­ha no­ve­la de «in­tri­ga». Na­da máis lon­xe do seu pro­pó­si­to. A súa in­ten­ción era re­la­tar a his­to­ria da via­xe sen in­ter­vir de­ma­sia­do nos fei­tos, cun­ha des­cri­ción de am­bien­tes e per­so­na­xes o máis pró­xi­ma a aque­la ob­ser­va­ción de Anaïs Nin que ex­hor­ta­ba a «ver as cou­sas co­mo son, e non co­mo so­mos nós». O re­sul­ta­do, es­ta cró­ni­ca persoal ti­tu­la­da O país sen fron­tei­ras. Trin­ta días a tra­vés do Se­ne­gal, de­mos­tra que o es­cri­tor noiés acer­tou na tex­tu­ra apra­ci­ble que pre­ten­deu dar­lle ao tex­to, xa que to­do o que se con­ta nes­tas pá­xi­nas ten ese ai­re de pe­queno do­cu­men­to vi­tal, ex­pos­to con sin­xe­le­za e ho­nes­ti­da­de, que casa bas­tan­te máis coa reali­da­de ca ou­tras fór­mu­las las­tra­das pola es­pec­ta­cu­la­ri­za­ción na­rra­ti­va.

Sen rum­bo fi­xo, se­guin­do os rit­mos do via­xei­ro que se mes­tu­ra coa ca­den­cia da te­rra que o aco­lle, Agra­fo­xo fo­to­gra­fa con acer­to un Se­ne­gal de di­fe­ren­tes et­nias e lin­guas, te­rri­to­rio das tri­bos máis an­ti­gas da Áfri­ca oc­ci­den­tal, e acom­pá­ña­nos ata as au­gas de on­de par­ten os caiu­cos que che­gan ca­da día a Eu­ro­pa. Sor­prén­de­nos cun­ha pro­vei­to­sa lec­tu­ra para nos mer­gu­llar nun país on­de as fron­tei­ras se re­ve­lan, un­ha vez máis, co­mo li­ñas alea­to­rias ao ser­vi­zo dos ca­pri­chos da his­to­ria. Ve­la­quí un­ha aven­tu­ra con­ta­da coas pa­la­bras in­te­li­xen­tes dese ti­po que, sen pre­ten­de­lo, se aca­ba apo­de­ran­do da con­ver­sa sen máis ar­mas cá súa ver­da­de.

XE­RAR­DO AGRA­FO­XO

O PAÍS SEN FRON­TEI­RAS AU­TOR

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.