Del Rie­go des­en­ca­dea­do

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS . GALEGO -

Hai per­so­na­xes cu­xa vi­da re­su­me a his­to­ria dun país. Un ca­so pa­ra­dig­má­ti­co, axu­da­do po­la súa lon­xe­vi­da­de e a lu­ci­dez que con­ser­vou ata os seus de­rra­dei­ros días, é o do in­te­lec­tual Fran­cis­co del Rie­go (1913-2010), fi­gu­ra em­ble­má­ti­ca do ga­le­guis­mo e pro­mo­tor da­que­la Ga­la­xia pen­sa­da co­mo nú­cleo de re­sis­ten­cia fron­te á di­ta­du­ra. En 2008, dous anos an­tes da súa mor­te, o ve­llo don Pa­co ti­vo a opor­tu­ni­da­de de dar­lle un re­pa­so á súa bio­gra­fía nun re­ve­la­dor diá­lo­go co xor­na­lis­ta Per­fec­to Con­de, ver­ti­do ago­ra nes­te vo­lu­me on­de re­me­mo­ra epi­so­dios da súa vi­da e so­me­te a xuí­zo o va­lor dal­gúns com­pa­ñei­ros de via­xe. Co­ñe­ci­da a súa vi­zo­sa tra­xec­to­ria in­te­lec­tual, den­de os tem­pos do Se­mi­na­rio de Es­tu­dos Ga­le­gos ao ga­le­guis­mo au­to­nó­mi­co, pa­san­do po­la di­rec­ción de Grial e o seu tra­ba­llo en­saís­ti­co, o máis in­tere­san­te da en­tre­vis­ta agro­ma can­do un Del Rie­go des­en­ca­dea­do emi­te sen­ten­za so­bre o pre­sen­te, dei­xán­do­se le­var po­lo im­pul­so da con­ver­sa guia­da po­lo xor­na­lis­ta. Re­fí­re­se así a Ferrín, por exem­plo, co­mo «o úni­co es­cri­tor to­tal» da no­sa li­te­ra­tu­ra con­tem­po­rá­nea, im­pú­ta­lle a Ca­sa­res a de­sa­ten­ción de Ga­la­xia («ti­ña un­ha gran­de am­bi­ción lí­ci­ta, co­mo é ló­xi­co, pe­ro non se po­dían aten­der tan­tas cou­sas á vez») e por­fía no de­ba­te arre­dor de Car­ba­llo Ca­le­ro, ao que al­gúns aca­dé­mi­cos, co­mo é sa­bi­do, «lle te­ñen de­cla­ra­da a gue­rra, aín­da des­pois de mor­to». Non son as úni­cas apre­cia­cións sen fil­tro po­las que pa­ga a pe­na in­tro­du­cir­se nes­ta so­bre­me­sa con pu­ro e whisky.

PER­FEC­TO CON­DE

CONVERSAS CON PA­CO DEL RIE­GO AU­TOR

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.