As en­si­nan­zas de Or­feo

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS . GALEGO -

Hai li­bros que se er­guen por en­ri­ba do va­la­do dos xé­ne­ros e se re­be­lan an­te cal­que­ra cla­si­fi­ca­ción. Or­feo can­ta. Ini­cia­ción, signo e re­torno, do fi­ló­so­fo rian­xei­ro Ro­ber­to Abuín, per­ten­ce a ese ti­po de pro­pos­tas hí­bri­das que pro­cu­ran un lec­tor par­tí­ci­pe, cons­cien­te da esi­xen­cia que su­pón ex­plo­rar te­rreos es­va­ra­díos, lon­xe dou­tros con­vi­tes de con­su­mo rá­pi­do e in­ten­cións hi­xié­ni­cas. «As pa­la­bras xer­mi­na­ban co­ma un­ha ve­xe­ta­ción so­bre­na­tu­ral», es­cri­be o au­tor lem­bran­do un epi­so­dio alu­ci­nó­xeno en Mé­xi­co. Se­ría im­po­si­ble acou­tar a es­pe­cie li­te­ra­ria á que per­ten­ce es­ta arris­ca­da amál­ga­ma on­de o poé­ti­co con­vi­ve co na­rra­ti­vo e a pes­cu­da fi­lo­só­fi­ca. Qui­zais non se­xa un­ha con­di­ción in­dis­pen­sa­ble pa­ra re­co­ñe­cer os seus abon­do­sos es­tí­mu­los, aín­da que al­gún lec­tor poi­da sen­tir­se des­orien­ta­do no me­dio do tra­xec­to. A via­xe de Or­feo can­ta, xa den­de as súas pri­mei­ras pá­xi­nas, non re­sul­ta sin­xe­la. O que de­man­da o seu in­tri­ca­do la­bi­rin­to é un­ha lec­tu­ra pau­sa­da, en pe­que­nas do­ses, que es­tea aten­ta aos ecos li­te­ra­rios e mi­to­ló­xi­cos que con­ver­xen no seu rum­bo, e aban­do­nar­se a un­ha per­cep­ción que re­co­lla o tex­to coas mes­mas cla­ves nas que es­tá es­cri­to, cons­cien­te do seu per­co­rri­do por te­rri­to­rios es­tra­ños. «To­dos vi­mos al­gun­ha vez o mun­do con esa olla­da an­te­rior, pe­ro per­de­mos o se­gre­do», es­cri­biu Octavio Paz so­bre as ex­pe­rien­cias de Car­los Cas­ta­ne­da. Po­de­mos xo­gar a re­po­ñer en nós esa vi­sión da reali­da­de e ache­gar­nos así, con an­sias de re­ve­la­ción, a es­te com­ple­xo vo­lu­me.

RO­BER­TO ABUÍN

OR­FEO CAN­TA AU­TOR AXÓUXERE EDI­TO­RA 264 PÁ­XI­NAS 18 EU­ROS

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.