On­de a lin­gua sa­be a pan

«O tem­po es­cu­ro», de Mo­des­to Hermida, é un li­bro cuns «re­la­tos ur­ba­nos» pa­ra go­zar aos pou­cos, cun­ha bri­llan­te pro­sa, ca­se en­saís­ti­ca e de ins­pi­ra­ción me­mo­ria­lís­ti­ca, e cheos de iro­nía, nos que o hu­mor vai ga­ñan­do es­pa­zo

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS . GALEGO - TEX­TO: RA­MÓN NI­CO­LÁS

Hai xa oi­to anos, sau­da­ba nes­tas páxinas un li­bro sor­pren­den­te bai­xo o tí­tu­lo de No fío da na­va­lla e ou­tros poe­mas (Ir In­do, 2010) que ates­ta­ba ese pri­mei­ro pa­so na poe­sía dun au­tor de lon­ga e bri­llan­te ex­pe­rien­cia no ám­bi­to en­saís­ti­co e no da in­ves­ti­ga­ción. Nes­ta mes­ma li­ña non se po­de ob­viar a re­cen­tí­si­ma apa­ri­ción dun li­bro de re­la­tos bai­xo o tí­tu­lo de O tem­po es­cu­ro.

O desafío, de Mo­des­to Hermida, si­túa­se nun­has coor­de­na­das moi con­cre­tas e, tal­vez, a máis re­le­van­te se­xa a de es­cul­car os re­can­tos dese es­pa­zo ocu­pa­do po­la lon­ga noi­te, mi­se­ren­ta e cin­cen­ta, da pos­gue­rra e do fran­quis­mo, por ve­ces ofre­cen­do un­ha olla­da ca­se so­cio­ló­xi­ca. Tem­pos, así pois, ha­bi­ta­dos por per­soas que abra­za­ban a es­pe­ran­za de con­ver­ter ou­tra vez o seu mun­do, o mun­do, nun­ha reali­da­de ha­bi­ta­ble e que se aso­man, con tei­mo­sía e ma­lia os mu­ros ca­se inex­pug­na­bles, á reali­da­de dun­ha his­to­ria pa­de­ci­da co­lec­ti­va­men­te. Pa­ra iso, pa­ra afon­dar ao ca­bo nas di­men­sións da me­mo­ria, ve­laí co­mo se per­fi­la un fei­xe de per­so­na­xes que ex­hi­ben, des­de o te­rri­to­rio fic­cio­nal de Val­de­la­ma, ca­se di­ría que car­nal­men­te, as súas con­tra­di­cións, as súas sin­gu­la­ri­da­des, o seu pa­pel na his­to­ria máis ín­ti­ma das súas vi­das on­de non é me­nor a fé­rrea von­ta­de de re­sis­ten­cia que guía os seus pa­sos, for­mu­lán­do­se ás ve­ces a po­si­bi­li­da­de pa­ra que agro­me o ex­tra­or­di­na­rio ex­pos­to cun­ha ma­ra­bi­llo­sa na­tu­ra­li­da­de, aín­da en si­tua­cións que se aso­man aos abis­mos da cruel­da­de hu­ma­na.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.