Amo­res nas illas gre­gas

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS . GALEGO -

Men­tres a aven­tu­ra his­tó­ri­ca dun con­ti­nen­te se cons­trúe en­tre gue­rras, o ar­gu­men­to da vi­da se­gue o seu cur­so con for­za in­go­ber­na­ble. Me­dia Eu­ro­pa po­de caer en mans do fas­cis­mo, es­cri­bin­do a tra­ma máis te­rro­rí­fi­ca do sécu­lo XX, pe­ro de­trás de ca­da por­ta sem­pre hai al­guén em­pe­ña­do en afe­rrar­se á vi­da, per­di­do nun ve­llo me­lo­dra­ma. Pe­que­na In­gla­te­rra, a no­ve­la máis exi­to­sa da cre­ten­se Ioan­na Ka­ris­tia­ni —en 1997 va­leu­lle o Pre­mio Na­cio­nal de Li­te­ra­tu­ra en Gre­cia—, desen­vól­ve­se ne­ses tem­pos con­vul­sos da pri­mei­ra me­ta­de do pa­sa­do sécu­lo, can­do o país he­lé­ni­co foi ocu­pa­do po­lo Ei­xe e su­friu un­ha pos­te­rior gue­rra ci­vil. Po­rén, po­las súas páxinas des­fi­lan ou­tras tra­xe­dias: amo­res e desamo­res, fa­ta­lis­mos fa­mi­lia­res, ce­los e vin­gan­zas sub­te­rrá­neas. Por­que esa é a his­to­ria da illa de An­dros que nos re­la­ta Ka­ris­tia­ni, on­de as mu­lle­res agar­dan po­los seus ho­mes ma­ri­ñei­ros, em­bar­ca­dos en lon­gas tra­ve­sías, e as fa­mi­lias des­ve­lan aos pou­cos os seus dra­mas do­més­ti­cos, os si­len­cios cos que to­dos so­mos con­du­ci­dos po­la per­ple­xi­da­de da vi­da. Pe­que­na In­gla­te­rra fun­cio­na co­mo un­ha tra­xe­dia mo­der­na, ex­pos­ta cun pe­cu­liar rit­mo na­rra­ti­vo que co­lle for­za na ca­rac­te­ri­za­ción psi­co­ló­xi­ca fe­mi­ni­na e no re­tra­to do mun­do ma­ri­ñei­ro gre­go. Eu­ro­pa en­ca­mi­ñá­ba­se da­que­la ao desas­tre. Os bo­le­tíns fa­la­ban de mor­tos, bom­bar­deos, bu­ques e avións des­truí­dos, pe­ro sem­pre ha­bía al­guén li­bran­do ou­tra ba­ta­lla na re­ta­gar­da. Por­que a vi­da, aquí ou nun­ha illa do mar Exeo, se­gue sen­do así de tei­mu­da.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.